As cámaras web da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) xa pode verse no iPad, a través dunha nova aplicación App. Co cometido de proxectar a imaxe de Galicia do xeito máis áxil e en tempo real, a rede de webcams que o ente público galego ten habilitadas por toda a rexión, é agora tamén accesible desde calquera terminal de Apple.

A través desta nova aplicación, os usuarios de iPad poden acceder a un total de 32 cámaras web repartidas pola Comunidade Autónoma de Galicia que recollen, en vivo, visións panorámicas das catro provincias galegas e, en detalle, localizacións estratéxicas ou emblemáticas da Comunidade, como o Cabo Finisterre, o interior da Catedral compostelá, Cabeza de Manzaneda e as principais vilas turísticas. Esta aplicación para iPad tamén permite obter información e imaxes sobre os concellos galegos.