- Como valora o premio de Honra dos Mestre Mateo? - Con moita ilusión, con moito cariño. Estou abraiada, estou contenta porque é o recoñecemento dos meus compañeiros. Todos os premios están ben e podes levar moitos de xente que non coñeces e teñen valor, claro. Pero o dos teus compañeiros supón moitas cousas. - Vostede leva vivido toda a etapa profesional do audiovisual en Galicia. Como cambiou o traballo de interpretar desque comezou? - Houbo un cambio grandísimo. En todo. Cando comecei era todo moito máis precario. Había que improvisar moitas cousas e había que facer cousas sobre a marcha. Sobre todo porque había moitos menos medios. Eu traballei en Servicio de urxencias, que a dirixía Xaime Fandiño, e os estudos de gravación de hoxe comparados cos daquela parecen a NASA. Houbo un desenvolvemento dos medios moi grande e iso nótase moito. Houbo evolución, antes tamén era profesional pero había moitos menos medios. - Que bota de menos non ter feito? -