A CRISE CARNÍVORA SEGUE A COLLEITAR ÉXITOS FÓRA DAS FRONTEIRAS ESPAÑOLAS

A división de animación de Continental Produciones está de parabéns, xa que os seus tres últimos proxectos de animación foron seleccionados en distintos festivais.

O PRÓXIMO LUNS, 27 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR INTERPRETACIÓN PROTAGONISTA E DE REPARTO DOS PMM NA ESAD DE VIGO

Os finalistas a mellor interpretación protagonista e de reparto estarán o próximo luns, día 27 de abril, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo, nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

HOXE, DÍA 24 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR LONGAMETRAXE DE FICCIÓN DOS PMM NA FUNDACIÓN TIC DE LUGO E PROXECCIÓN EN DIFERENTES PUNTOS DA XEOGRAFÍA GALEGA NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Os finalistas a mellor longametraxe de ficción estarán hoxe na Fundación Tic de Lugo nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

HOXE, DÍA 23 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR OBRA DE ANIMACIÓN DOS PMM NA FACULTADE DE CC. DA COMUNICACIÓN DA UDC E PROXECCIÓN EN DIFERENTES PUNTOS DA XEOGRAFÍA GALEGA NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Os finalistas a mellor obra de animación estarán hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Coruña nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

HOXE, DÍA 22 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR GUIÓN DOS PMM NA FACULTADE DE CC. DA COMUNICACIÓN DA USC E PROXECCIÓN EN ARES E CULLEREDO NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Os finalistas a mellor guión estarán hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

A GALA DOS PREMIOS MESTRE MATEO RETRANSMITIRASE EN DIRECTO POLA TVG EN HORARIO PRIME TIME, ÁS 22:15 HORAS DO 30 DE ABRIL

Este ano, a tradicional Gala dos Premios Mestre Mateo botará unha ollada cara atrás para lembrar o pasado máis recente do audiovisual galego e render homenaxe a algún dos seus momentos máis relevantes. Farano a ritmo de humor e de música, da man do colectivo de artistas Pista Catro e da formación musical Lamatumbá, e contando con Sergio Zearreta como mestre de cerimonias. A Gala, dirixida por Jorge Coira con guión de Carlos Portela, terá lugar o venres día 30 de abril no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra e será retransmitida en directo pola TVG en horario prime time, ás 22:15 da noite.

MANUEL Y ELISA, GAÑADORA NA SECCIÓN OFICIAL DE DOCUMENTAIS GALEGOS DO FESTIVAL PLAY-DOC DE TUI

MANUEL y ELISA de Manuel Fdez-Valdés , resultou gañadora do premio ex aequo da Sección Oficial Documentais Galegos do Festival Play-Doc de Tui. A película documental do director pontevedrés,  nominada ós Mestre Mateo 2008 como Mellor Película Documental, é unha produción de Tic Tac Producciones en coprodución coa Televisión de Galicia.  

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL DESVELA OS FINALISTAS DA VII EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO

No transcurso da rolda a Presidenta desvelou o nome do profesional que este ano recibirá o Premio de Honra Fernando Rey creado para recoñecer as traxectorias máis salientables no eido do audiovisual galego. Trátase do director artístico Suso Montero, pioneiro desta especialidade na Televisión de Galicia, xenial creador de infinidade de decorados para programas e series televisivas, así como para o cine e os escenarios teatrais.

Outras 10

Proxección gañadores na VIII Edición dos Premios Mestre Mateo no CGAI A Academia Galega do Audiovisual exhibirá o Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10. A Coruña) as obras gañadoras nos VIII Premios Mestre Mateo, celebrados en Narón o pasado 15 de abril, nas categorías de Mellor Longametraxe, Mellor Película para Televisión, Mellor Longametraxe Documental e Mellor Documental. As proxeccións estarán precedidas dunha presentación das produccións polos directores e/ou produtores das mesmas. Proxección II Premios Gaudí no CGAIA Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Academia de Cine Catalana presenta no Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10. A Coruña) os seguintes filmes gañadores nos II Premis Gaudí, os Premios da Academia de Cine Catalana, celebrados en Barcelona o pasado mes de

Videoteca

A videoteca da Academia reúne todas as producións presentadas aos Premios Mestre Mateo en todas as súas edicións. Unha recopilación dos traballos dos profesionais do audiovisual galego desde o ano 2002 ata a actualidade e que podedes visionar na oficina da