OS DIRECTORES DE CINE FAN FRONTE COMÚN CONTRA O CINE NORTEAMERICANO
Os directores de cine que conformaron a mesa redonda sobre a “Identidade Cultural” –celebrada dentro do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña-, amosáronse inequivocamente en ontra da “colonización do cine e do audiovisual en xeral, que provén de Norteamérica, e evita o desenvolvemento e incluso a proxección de futuro do noso cine, e xa non só do español, senón tamén do europeo en xeral”. Os integrantes da mesa, Manuel Esteban, Santiago San Miguel, Xavier Villaverde, Manolo Abad –moderador-, Carlos Amil e Gonzalo Tapia, afondaron na diferencia que existe entre o que é a “diversidade cultural” e a “excepción cultural”. Así o explicou o Director de Ccine e Presidente da ADIRCE –Asociación de Directores e Realizadores de Cine de España-, quen aclarou que “a diversidade cultural é unha realidade que xa existe de por si dentro incluso de cada país, e por
“DENOMINACIÓN DE ORIXE”, A 1ª MESA CELEBRADA NO FORO AA’04
“NON FALAMOS DUN PRODUCTO CINEMATOGRÁFICO GALEGO PARA GALICIA, SENÓN PARA SACALO FÓRA” “O problema fundamental á hora de falar de cine galego, é se o queremos ou non. Non se trata hoxe de saber se temos ou non esa capacidade, senón que queremos facelo ou non”. Así abría Xosé Ribadulla Corcón, presidente da Asociación Galega de Guionistas, a primeira das mesas redondas que abre o Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” que esta mañá foi inaugurado. Unha mesa redonda na que ademais de Corcón, participaron Camilo Franco, Escritor e xornalista, Yolanda Castaño, Poeta, Valentín Fernández-Tubau, guionista e Vicepresidente de “Alma” (Autores Literarios de Medios Audiovisuales), e que foi moderada polo crítico de cine e historiador Miguel Anxo Fernández.
POLA EXCEPCIÓN E A IDENTIDADE CULTURAL, AA’04 EN ABRIL
“Denominación de orixe”, “Marca de fábrica”, “Made in Galicia”, “Modernización e ITV”, e “A identidade cultural”, son os títulos das mesas redondas que ocuparán as xornadas de mañá e tarde durante os días de celebración deste Foro, que será clausurado o día 24 e que terá como ‘broche final’ unha cea de gala na que, ademais de impoñe-la Medalla de Ouro a un persoeiro do sector o director de cine José Luis Cuerda, entregaranse os títulos de “Académicos de Honor 2003”, rematando todo elo cunha ‘queimada tradicional’ de exconxuro: o obxecto do mesmo é espanta-lo mal de ollo do cine español.
INAUGURADO O FORO AA’04 “POLA EXCEPCIÓN E A IDENTIDADE CULTURAL”
“O AUDIOVISUAL NON TEN QUE SER UNHA EXCEPCIÓN, SENÓN UNHA REALIDADE EN TÓDOLOS EIDOS SOCIAIS” Inaugurado o “Foro pola Excepción e a Identidade Cultural” na Coruña Ás 10 da mañá quedou inaugurado o Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural”, que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Manolo Gómez, o seu Presidente, Carmen Marón, Concelleira de Educación e Cultura do Concello da Coruña, e Enrique González Murga, subdirector xeral de telecomunicacións e audiovisual –que representaba á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e máis ó Consorcio do Audiovisual Galego-, foron os encargados de inaugurar este evento que dende hoxe e ata o venres 23 de abril, encherá en xornadas de mañá e tarde de mesas redondas que abranguerán distintos temas que atinxen ó sector, encol do seu enunciado.