PARA STEPHEN FREARS, OS GUIONISTAS E ESCRITORES SON A CLAVE NA PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA
O director de cine Stephen Frears foi quen abríu a primeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual que hoxe comezou no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Frears foi presentado por Enrique Nicarnor, director de United Media e Director de Mastercam Ecam, quen salientou a sensibilidade do cine que dirixe Frears.
O MÉRCORES PRESÉNTASE NO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL
O mércores día 15 de decembro, a partir das 20:00 horas da tarde, presentarase nun acto oficial o II Congreso Galego Audiovisual nun acto ó que asistirán os Conselleiros de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, e máis o de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste. Os distintos Comités (Ejecutivo, Científico, Organizador...) do Congreso, estarán presentes no acto.
MÁIS DE 350 PERSOAS ASISTIRÁN Ó II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL
A día de hoxe, máis de 350 persoas inscribíronse para asistir ó II Congreso Galego Audiovisual que se celebrará en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro. É de salienta-la masiva inscrición de estudantes dos distintos centros relacionados co sector: dende a Escola TIC de Lugo, a Escola de Imaxe e Son Marcote, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago ou o Máster de Creación Audiovisual, o EIS da Coruña ou a Escola Marcelo Macías, estudantes para os que o Congreso –no caso daqueles de fóra de Compostela- creou unha tarifa especial de 50 euros, que inclúe aloxamento, almorzos e xantares.
O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL ORGANIZA O TALLER DOCUSTELAE PARA ESTUDIANTES
A empresa Spica, delegada en Galicia das firmas Avid e Sony, patrocina o Taller Docustelae que se organiza no decurso do II Congreso Galego Audiovisual que se celebra en Compostela, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, os días 16, 17 e 18 de decembro.
PETER OLAF PARTICIPA NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL PARA FALAR DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE
“A televisión dixital en Europa e a importancia da interactividade” é o tema que o asesor de medios interactivos da DR-Televisión e Radio Pública de Dinamarca, Peter Olaf Looms, desenvolverá nunha das Mesas que, sobre os Novos Media, se celebrará no decurso do II Congreso Galego Audiovisual.
STEPHEN FREARS, ENRIQUE NICANOR, PETER OLAF, MAIXENCHS, MAZONCILLO… SON ALGÚNS DOS RELATORES QUE PARTICIPARÁN NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL
O Comité de Organización do II Congreso Galego Audiovisual aprobou hoxe o Programa que se levará a cabo ó longo deste importante evento, durante os días 16, 17 e 18 de decembro próximos. Este Comité está integrado por 26 membros, profesionais todos eles do sector en Galicia, e que representa á práctica todalidade das actividades que integran o audiovisual.
O luns día 15 preséntase o Programa do II Congreso Galego Audiovisual
O vindeiro luns día 15 de novembro, preséntase en Rolda de Prensa o Programa que se desenvolverá no decurso do II Congreso Galego Audiovisual, que terá lugar en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro.
AMPLÍASE O PRAZO PARA ENVIAR COMUNICACIÓNS AO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL
O prazo para a recepción de Comunicacións amplíase até o 30 de Outubro. Todas as persoas que o desexen poderán enviar artigos nos que expoñan os seus traballos encadrados nalgunha das áreas temáticas do II Congreso Galego Audiovisual, nos que se describan: - Estudos, análises, comparativas e outros traballos de investigación vencellados co audiovisual galego. - Casos e experiencias realizadas e iniciativas innovadoras en calquera dos eidos do Congreso. -Producións audiovisuais realizadas, impacto obtido, difusión, obxectivos conqueridos, etc. Máis información en www.congresogalegodoaudiovisual.com
O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL POTENCIA OS ENCONTROS E PRESENTACIÓNS CORPORATIVAS
A celebración de Encontros e Presentacións Corporativas no ámbito do II Congreso Galego Audiovisual que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que se celebrará os días 16, 17 e 18 de decemebro próximos, son parte do programa previsto polo Comité Organizador deste evento que reunirá a todo o conxunto de profesionais, empresas, institucións e entidades que conforman directa e indirectamente o sector audiovisual galego, e que reunirá en Compostela ós grandes profesionais tanto galegos coma estatais e internacionais.
A Delegación deAISGE en Galicia precisa para as súas oficinas de Santiago unha persoa para o posto de Coordinador/a.
A Delegación deAISGE en Galicia precisa para as súas oficinas de Santiago unha persoa para o posto de Coordinador/a. Perfil profesional. Requírese: - Licenciado/a en Dereito, Empresariais ou Económicas. - Dotes organizativas. - Dominio do Galego (falado e escrito). - Valoraránse coñecementos en temas de propiedade intelectual. - Experiencia no sector audiovisual (non imprescindible). Os interesados enviar currículo a iblanco@arrakis.es antes do xoves día 29 de xullo.