537 PITCHINGS E 77 ENCONTROS TIVERON LUGAR NO EAVE CELEBRADO EN COMPOSTELA, CUN IMPORTANTE ÉXITO PARA O GRUPO ESPAÑOL

Un total de 537 pitchings entre decission makers e os 51 Produtores que participaron no EAVE –Programa Media da Unión Europea en Santiago- son os que se levaron a cabo ó longo da derradeira Sesión celebrada no Convento de San Francisco de Santiago, ademais de 77 encontros que os expertos do Eave mantiveron con eles. O balance resultou moi positivo a xuízo da Academia Galega do Audiovisual, quen tivo a iniciativa de traer a Galicia este evento de gran transcendencia internacional, e que contou coa inestimable colaboración do coordinador internacional do Eave, Enrique Nicanor. Realizáronse importantes avances para os profesionais do audiovisual galego, que foron boa parte dos participantes, que visitaron tamén a caseta de Santiago Film Commission que ofrecía a suficiente información turística e sobre as rodaxes cinematográficas na cidade compostelá.

HOXE COMEZAN AS SESIÓNS EAVE DO PROGRAMA MEDIA PLUS DA UNIÓN EUROPEA

Hoxe chegan a Santiago o Presidente do Eave, European Audiovisual Entrepreneurs, Jani Thiltges e o Xefe de Estudos do mesmo, Alan Fountain, que participarán nas sesións que esta mesma noite dan comezo no Hotel San Lorenzo de Santiago, unhas sesións que estarán coordinadas por Enrique Nicanor. As sesión que hoxe comezan, foron precedidas das celebradas a finais de setembro cos proxecos audiovisuais seleccionados para este programa de gran transcendencia internacional, que por iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa inestimable colaboración de Enrique Nicanor, e o apoio da Secretaría Xeral de Comunicación así como da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, se leva a cabo por vez primeira en Galicia.

O PRESIDENTE E A VICEPRESIDENTA DA ACADEMIA ESTARÁN NA APERTURA DO CICLO DE CURTAMETRAXES GALEGAS DO MACUF

Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e Isabel Blanco, vicepresidenta, estarán na mesa de apertura do Ciclo de Curtametraxes Galegas do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF), que conta co apoio da Academia, do Consorcio Audiovisual de Galicia e da Escola de Imaxe e Son da Coruña. O ciclo empeza o 4 de outubro e remata o 20 de decembro. Terá lugar todos os martes ás 20.00h, na sede do MACUF, na Coruña.

TEMOS QUE COLOCAR EN EUROPA A PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA. O EAVE OFRECE AS FERRAMENTAS PARA INTRODUCIRNOS NESA GRAN FAMILIA PARTINDO DA NOSA IDENTIDADE

Partindo da nosa propia identidade e cultura, o audiovisual galego temos que aprender os mecanismos que nos permitan levar a nosa produción ós circuítos do mercado do mundo, pero especialmente, de Europa;. Estas foron algunhas das palabras pronunciadas por Enrique Nicanor, coordinador do Eave (Les Entrepreneurs de lAudiovisual européen-, un dos 20 programas do Media que ten a Unión Europea, no decurso do acto de presentación das xornadas que baixo este paraugas, comezan a celebrarse hoxe na Coruña;durarán ata o día 30- e culminarán coa semana do 24 ó 30 de outubro;ámbalas inclusive- en Santiago, onde as produtoras galegas e españolas seleccionadas polos seus proxectos, terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa.

A ASEMBLEA DO AUDIOVISUAL GALEGO CONVOCADA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

A numerosa asistencia de membros da Academia Galega do Audiovisual, convocante da Asemblea, e de múltiples colectivos que representan ós distintos profesionais que integran o sector así como entidades relacionadas co mundo da cultura e a docencia tamén relacionados co mesmo, determinou a importancia deste encontro, o que denotou a importancia e o interese dos profesionais, asociacións, organismos e entidades en levar a cabo inciativas vertebradoras do audiovisual galego de cara a dárlle o impulso que precisa e a resposta ás necesidades que existen neste importante sector profesional, económico, industrial e cultural de Galicia.

AMPLIADO O PRAZO DE ENVÍO DE PROXECTOS PARA EAVE

Ante as múltiples solicitudes de información recibidas por parte dos moitos interesados en participar na convocatoria do Programa EAVE, a Academia Galega do Audiovisual ampliou o prazo de presentación de proxectos ó EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da U.E. ata o vindeiro día 21 de setembro. Este importante evento do audiovisual no ámbito europeo, celebrarase en Santiado do 25 ó 30 de outubro. Os interesados deberán enviar os documentos necesarios a: Academia Galega do Audiovisual, Praza Pintor Sotomayor, s/n, 2º Piso, 15001, A Coruña. A documentación requirida podédela atopar en: Actividades>EAVE>Documentos.

Aprender a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais, é o obxecto da celebración de EAVE

Do 25 ó 30 de outubro –ámbalas inclusive, as produtoras galegas e españolas terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa, pois é nestas datas cando se celebra a terceira sesión do prestixioso EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da Unión Europea, a chamada ‘sesión de pitching internacional’ de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa, que chega a Galicia da man da Academia Galega do Audiovisual, está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan.

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL

Xa están listos os diplomas do curso de Inglés Audiovisual, organizado pola Fundación AISGE, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual. As clases celebráronse entre os meses de abril e xullo, na sede do Consorcio, e foron impartidas por David Willingham, profesor de Lingua Teórica Inglesa (gramática, vocabulario, análise textual e composición inglesa).

¿CANTO TEMPO HAI QUE NON TE APUNTAS A UNHA ACADEMIA?

Para facerte socio pincha

LIBROS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA DA ACADEMIA

Os socios da Academia Galega do Audiovisual poden consultar ou levar prestados os libros dispoñibles na biblioteca da oficina. Ademais do material literario e de formación, están dispoñibles tamén para préstamo exemplares de revistas do sector audiovisual. A Academia agradece donacións de libros para a ampliación da súa