NOVAS DO SECTOR: A PRODUTORA GALEGA FICCIÓN PRODUCCIONES E A CATALANA DIAGONAL TV, REMATAN MAÑÁ A RODAXE DE DESPUÉS DE LA LLUVIA

Mañá remata a rodaxe da longametraxe Después de la lluvia, unha coprodución galego-catalana que levan a cabo as empresas Ficción Producciones de Galicia, e Diagonal TV de Cataluña, e na que colaboran tamén as televisións autonómicas de ámbalas comunidades: TVG e TV3. A rodaxe levouse a cabo nunha soa localización en Sabadell, Barcelona, no Edificio Torre Millenium.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTA MAÑÁ VENRES ÁS 11,15 NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA O PROGRAMA DO FORO ACADEMIA ABERTA 06 QUE ESTE ANO CÉNTRASE NA CINEMATOGRAFÍA DIXITAL, OS PRIMEIROS PASOS

Alfonso Parra, director de Fotografía e coordinador do Foro; Pepe Coira, vicepresidente da A.G.A., Carlos Amil, membro da xunta directiva da Academia, e Pilar Comesaña, xerente da mesma, presentan mañá venres 24 de novembro ás 11,15 no Club Internacional de Prensa en Santiago, o programa do Foro Academia Aberta 06. Este ano, a Cinematografía Dixital, os primeiros pasos, centra o contido deste programa que se desenvolverá ó longo dos días 30 de novembro e 1 de decembro, na sé do CGAC na Coruña. O Foro rematará coa Cea anual d@s soci@s da A.G.A., no decurso da que se entregará a Medalla de Ouro, que este ano recae en Lorenzo Soler.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER ANALIZARÁ CON EXPERTOS A FRAGMENTACIÓN DE AUDIENCIAS E IMPACTO PUBLICITARIO

Será no seo dunhas xornadas previstas para o 14 de decembro en Santiago de Compostela ás que asistirán o presidente executivo de Barlovento Comunicación, o presidente de BAP Conde e directivos de medios autonómicos como CRTVG, CCRTv e Sogecable. O Clúster Audiovisual Galego , en colaboración coa Consellería de Industria, convida a santiago de Compostela a importantes expertos en medición de audiencias, comércio e publicidade.

NOVAS DO SECTOR: A CURTAMETRAXE MÁRTIRES DE XOSÉ ZAPATA PRESENTASE O XOVES NUN CINE DE PARÍS E COMEZA UNHA XIRA POR TRES CIDADES FRANCESAS

A curtametraxe Mártires, dirixida por Xosé Zapata e producido por Ignacio Benedeti Cinema, foi premiada no certamen Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex no ano 2006. Mártires foi premiada xunto con outras oito curtametraxes que se proxectaron en dez cines de toda España, entre os que se atopan cines de Barcelona, Madrid, Xixón, Albacete, Sevilla, Vigo ou A Coruña. Este xoves 23 de Novembro a curtametraxe e o programa Curt Fiction serán presentados en París nun céntrico cine da capital francesa no que participará o director e produtor Xosé Zapata.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL EXPLORA EN LUGO A TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE

Algúns dos máis prestixiosos expertos do panorama nacional, autonómico e local da televisión dixital terrestre (TDT) deronse cita hoxe en Lugo para participar na xornada ClusterVisión: contidos para TDT, que forma parte do Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, co obxectivo de analizar as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega.

NOVAS DO SECTOR: VOZ AUDIOVISUAL BUSCA PRESENTADORAS E HUMORISTAS CON OU SEN EXPERIENCIA: CÁSTING

Cásting en A Coruña para un programa de televisión. Voz Audiovisual busca presentadoras y humoristas, con o sin experiencia.

NOTAS DO SECTOR: MARIO IGLESIAS RODA CATALINA EN PONTEVEDRA

A Coruña, 17 de noviembre del 2006.- Mario Iglesias está inmerso en el rodaje de su segundo filme, Catalina, esta vez con la producción, en solitario, de Voz Audiovisual. El rodaje se desarrolla, desde el pasado 7 de noviembre, en Pontevedra. Es el segundo largometraje del director pontevedrés, tras el éxito de su ópera prima De bares, premiada este fin de semana en el Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense. Ayer jueves el protagonista masculino del filme, Javier Albalá, se reunía con los medios de comunicación pontevedreses para hablar de estas casi dos semanas de rodaje.

NOTICIAS DO SECTOR: NÉLIDA PIÑON PROTAGONIZA O DOCUMENTAL SCHEREZADE EN GALICIA, COPRODUCIDO POR TVG, TATZEN E IBISATV QUE SE PRESENTA MAÑÁ VENRES 17 NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA ÁS 19,30 HS

Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón é un documental coproducido por IBISAtv, Televisión de Galicia e a produtora valenciana TATZEN, dirixido por Valentín Carrera, e que conta coa participación especial de Nélida Piñon, Carmela Pardal, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar. Mañá venres 17 de novembro, ás 19:30 hs da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago, terá lugar a primeira proxeción pública, seguida dun coloquio coa protagonista deste documental, que xira sobre a vida da escritora galego-brasileira Nélida Piñon.

NOVAS DO SECTOR: UN PROXECTO DA FUNDACIÓN TIC DE LUGO PARTICIPA ESTA SEMANA NO X FESTIVAL INTERNACIONAL DE TV DE BARECELONA

O programa Lugo en Acción foi realizado por alumnos de centros educativos da provincia. O FITB, que se clausura mañá no Auditorio do Museo de Historia de Cataluña, ten nesta décima edición participación lucense. En total proxectaránse no festival 65 producións de 26 países.

NOVAS DO SECTOR: A CIDADE PERDIDA: DOCUMENTAL SOBRE O PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO ESQUECIDO NA CIDADE DE VIGO

presentación venres 17 de novembro, as 20:30 no auditorio do centro social de caixanova-vigo entrada libre