A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Xosé Manuel Olveira Pico o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional do intérprete falecido o 13 de xuño do ano pasado. Con esta distinción, os seus compañeiros da escena homenaxean a Pico, actor respectado e apreciado tanto polo público coma polo sector. Deste xeito, unirase á nómina de profesionais e colectivos teatrais que recibiron a citada mención dende a súa creación en 1997. Nesta lista de ilustres homenaxeados atópanse, entre outros, Xan Cejudo, Dorotea Bárcena, Maruxa Villanueva, Ana Romaní, Luís Álvarez Pousa, Manuel Lourenzo, Pilar Pereira ou a desaparecida Sala Nasa.


PPara a tropa de actores e actrices deste país, Pico era unha persoa especial que deixou pegada en todos nós.” Así define o presidente da AAAG, Avelino González, o intintérprete de obras tan lembradas como As actas escuras, O bufón de El Rei ou O florido pénsil. González, ademais, recoñece que a intención da AAAG era concederlle o gagalardón na edición anterior, mais foi imposible por mor da enfermidade. “Era algo que lle debiamos”, sinala o presidente da entidade, que conclúe lembrando que Pico “só prprovocaba afectos.”

 

A A Asociación de Actores e Actrices de Galicia creou o Premio de Honor Marisa Soto fai xa dezaoito anos con obxectivo de distinguir a dedicación e a carreira de persoas ou entidades que, a longo dos anos, impulsaron a dignidade e a profesionalización do sector escénico en Galicia. O galardón, dende o seu nacemento, entrégase na cerimonia dos Premios María Casares que neste 2014 acada a súa 18ª edición e que se celebrará o 27 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, coincidindo co Día Mundial do Teatro.

 

Os premios do teatro galego contan coa colaboración de diversas institucións e entidades que, co seu apoio, amosan a relevancia cultural e social que o teatro posúe en Galicia. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE ou GADISA son algúns dos seus patrocinadores.

Traxectoria profesional de Xosé Manuel Olveira ‘Pico’

 

Nacido en Esteiro (Muros), terra de mariñeiros, Pico preferiu subir a un escenario antes ca a un barco. A súa traxectoria artística comezou nos anos setenta, cando á profesionalización do teatro aínda lle quedaba moito traballo por diante para ser unha realidade. O seu vínculo coa escena principiou no ano 1972, no seo de DITEA (Difusión de Teatro Afeccionado). Até ben entrado os oitenta, Pico participou en quince montaxes da agrupación, até que no ano 1985 comezou a traballar con asiduidade co novísimo Centro Dramático Galego (CDG). Ese ano, formou parte do elenco d’A noite vai coma un río, obra de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Xúlio Lago. O homenaxeado este ano co Premio Marisa Soto converteuse nun dos intérpretes que máis traballou na institución de teatro público, ao participar en máis de vinte das súas producións. Nas montaxes A Lagarada, A piragua, O ano da cometa, Ricardo III ou Noite de Reis, Pico amosou algúns dos seus mellores traballos.

 

Unha das súas derradeiras interpretacións no CDG chegoulle en 2010, ano no que por fin se representaba a obra As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño. Interpretaba a Don Mauro, o ilustrado sacerdote encargado de investigar a finais do século XIX e por mandato do Cardeal Payá, a autenticidade dos restos do Apóstolo atopado na catedral. Outro dos papeis máis lembrados no seu vencello co centro viuse en O Bufón de El Rei (1997), na que encarnaba o protagonista da única peza teatral escrita por Vicente Risco.

 

Fóra do teatro institucional, Pico traballou dende 1987 en compañías profesionais como O Moucho Clerc, Kukas Produccións, Teatro do Aquí, Produccións Máximas, Lagarta Lagarta ou Teatro de Adro. Entre os directores cos que traballou, destacan Xan Cejudo, Rodrigo Roel, Quico Cadaval, Marcelino de Santiago, Vidal Bolaño, Avelino González ou Cándido Pazó.

 

Polas súas incursións teatrais, Pico colleitou un total de catro María casares, tres como protagonista: Si o vello Sinbad volvese ás illas (2002), Binomio de Newton (2003) e Kafka e a boneca viaxeira, concedido o ano pasado. Ademais, acadou o galardón na categoría de actor secundario por Calígula. Os Premios da Crítica de Galicia tamén recoñeceron a súa carreira artística en 2012 no ámbito das Artes Escénicas

 

Para o público televisivo, Pico converteuse nun dos actores máis coñecidos polos seus papeis en series como Mareas Vivas, onde interpretaba o cura de Portozás, e sobre todo polo seu rol do avogado Pedro Barreiro na célebre Pratos combinados. Na serie Padre Casares volveu vestir sotana para lle dar vida ao Bispo. Tamén participou en Un mundo de historias ou O Nordés e participou como personaxe episódico en Matalobos e en series estatais como El comisario e Hospital Central.

 

Participou en máis de vinte producións cinematográficas. Debutou en Eu, tolo (1982) ás ordes de Chano Piñeiro, co que repetiría en Sempre Xonxa (1989). Posteriormente traballaría en Huídos (1993), de Sancho Gracia; El Rey del Río (1995), de Gutiérrez Aragón; El pianista (1998) de Mario Gas, ou n’A lingua das bolboretas (1999), de José Luís Cuerda, co que volvería traballar en Los girasoles ciegos. Co cambio de século, formaría parte de elencos como o de Entre Batea, de Jorge Coira; O ano da carracha, tamén de Coira; Mar Adentro de Amenábar; Retornos, de Luís Avilés; Celda 2011, de Daniel Monzón, ou Doentes, de Gustavo. A súa derradeira participación no cinema foi da man de Alejandro Marzoa na película Somos xente honrada (2013).

 

 

 

 

 

Traxectoria teatral seleccionada

 

 

 

Ano

OBRA

Dirección

1986

A noite vai coma un río

Xúlio Lago

1987

A pousadeira

Xan Cejudo

1988

O mozo que chegou de lonxe

Mario Gas

1990

Yerma

Xosé Manuel Blanco Gil

1991

O incerto señor don Hamlet

Ricart Salvat

1992

A lagarada

Pere Planella

1993

Saxo Tenor

Roberto Vidal Bolaño

1994

A fiestra valdeira

Xúlio Lago

1994

O mariscal

Marcelino de Santiago

1995

Nin me abandonarás nunca

Manuel Guede

1996

Hostia

Manuel Lourenzo

1997

Lisístrata

Eduardo Alonso/. Guede

1997

O bufón de El Rey

Manuel Guede

1998

Antígona

Q. Cadaval/Xavier Lama

1999

Se o vello Sinbad volvese ás illas

Fabio Mangolini

2000

Calígula

Manuel Guede

2003

Binomio de Newton

Cándido Pazó

2004

O ano da cometa

Quico Cadaval

2004

Ricardo III

Mario Gas

2007

A piragua

Cándido Pazo

2007

Noite de Reis

Quico Cadaval

2009

Aeroplanos

Rosa Álvarez

2010

As actas escuras

Xúlio Lago

2011

O florido Pénsil

M. Gabilondo

2012

Kafka e a boneca viaxeira

C. Domínguez/F. Bernués

 

-