ARTERIA NOROESTE RETOMA A SÚA PROPOSTA FORMATIVA CUNHA GRAN OFERTA DE CURSOS

3 / 09 / 2008

ARTeria Noroeste, unha iniciativa de SGAE/Fundación Autor, retoma a súa proposta formativa en Santiago de Compostela tra-lo parón estival. A nova actividade diversifica a oferta, fomentando os cursos de tecnoloxía aplicada á creación a través da iniciativa ARTENET. A actividade principia o 8 de setembro cun “Obradoiro de produción escénica” organizado polo CCG.
ARTeria Noroeste, situada no parque de Vista Alegre (Rúa das Salvadas, 2A), quere satisface-la demanda de opcións formativas para a comunidade creadora en Galicia e faino a través de iniciativas propias e tamén canalizando propostas de institucións como AGADIC ou ESAD. Con estas entidades consolídase unha liña de colaboración baseada no obxectivo común de abrir camiños ao talento galego. Pódese solicitar información ou reserva de praza nos cursos e obradoiros de ARTeria Noroeste no correo electrónico formacion.noroeste@arteriamultiespacios.com ou no teléfono 981569183.

De seguido, a listaxe de iniciativas formativas no recinto compostelán para este outono:

-Obradoiro de produción escénica. Organizado polo CCG/AGADIC. 8 ao 12 de setembro (20 horas).

-Produción, xestión e distribución de espectáculos. Organizado por Fundación Autor e AGADIC. 22 de setembro ao 15 de decembro (96 horas).

-Corpo creativo. Do laboratorio á escena. Organizado pola ESAD. 17 de setembro ao 3 de decembro (30 horas).

-Expresión oral. Organizado pola ESAD. 22 de setembro ao 15 de decembro (30 horas).
-Interpretación: da análise á acción. Organizado pola ESAD. 24 ao 28 de novembro (20 horas).

Cursos ARTENET. Tecnoloxía aplicada á creación

ARTENET é unha rede de formación creada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) a modo de ferramenta para promove-la adaptación dos creadores (profesionais ou amateurs) ás novas tecnoloxías. Os cursos impartidos en Santiago de Compostela contan con docentes de alto nivel e os medios técnicos máis avanzados.

Calendario de propostas para este outono:

-Pro Tools. 16 ao 25 de setembro
-Avid. 29 de setembro ao 9 de outubro
-Cubase. 13 ao 23 de outubro
-Creación audiovisual. 27 de outubro ao 7 de novembro
-Informática musical. 10 ao 15 de novembro
-After effects. 24 de novembro ao 4 de decembro

Categoría: Novas
Etiquetas: