ARTERIA NOROESTE RELANZA A SÚA OFERTA FORMATIVA

10 / 09 / 2009

ARTERIA Noroeste comeza o outono ofrecendo unha ampla e diversa oferta formativa de cursos e seminarios. A actividade comeza o 21 de setembro co curso Tecnoloxía audiovisual, impartido por Joaquín Riera. Os interesados na oferta formativa de ARTERIA Noroeste en Santiago de Compostela poden solicitar información ou inscribirse no teléfono 981.569183 ou no email gnieves@sgae.es.

Tecnoloxía audiovisual aborda os principios da física e a electrónica necesarios para entende-lo funcionamento dos equipos audiovisuais actuais, incluíndo tamén efectos e edición. O curso, conducido por Joaquín Riera, desenvolverase do 21 ao 24 de setembro ao longo de 16 horas.

O 28 de setembro comeza o curso Creación musical con ProTools 8, no que o profesor, Anxo Bautista, detalla en 20 horas as ferramentas e posibilidades deste programa para compositores, músicos e demais interesados. Máis tarde, o 14 de outubro, comezará un novo obradoiro de Fotografía de espectáculos dirixido por Xabier Carrasco.

ARTERIA Noroeste ofrecerá proximamente máis actividade formativa nos ámbitos da vídeo-realización, backline, plastianimación, composición musical, bandas sonoras, música jazz, música electrónica ou Cine Aula, proxecto de proxeccións didácticas para escolares.

Categoría: Novas
Etiquetas: