ARTENET CONVOCA CURSOS DE TECNOLOXÍA APLICADA Á CREACIÓN

30 / 09 / 2008

ARTENET é unha rede de formación creada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) a modo de ferramenta para promove-la adaptación dos creadores (profesionais ou amateurs) ás novas tecnoloxías. Os cursos impartidos en Santiago de Compostela contan con docentes de alto nivel e os medios técnicos máis avanzados.
O calendario de propostas para este outono é o seguinte:

-Pro Tools. 6,7,8,13,14,15,20 e 21 de outubro (9-14h)- profesor Javier Abreu
-Avid. 29 de setembro ao 9 de outubro
-Cubase. 16,17,22,23,24,27,28 e 29 de outubro (9-14h)- profesor Anxo Bautista
-Creación audiovisual. 27 de outubro ao 7 de novembro
-Informática musical. 10 ao 15 de novembro
-After effects. 24 de novembro ao 4 de decembro

Categoría: Novas
Etiquetas: