ARTEFACTO FILMS PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA QUE O PÚBLICO SOLICITE VER A PELÍCULA O APÓSTOLO

28 / 11 / 2012

Artefacto Producións, a productora da película galega de animación O Apóstolo, a primeira en Europa realizada en animación stop-motion estereoscópica, puxo en marcha unha campaña de firmas online no portal Change.org, para que o público solicite o filme ás grandes cadeas de exhibición. 

A campaña “Queremos que os cines programen O Apóstolo como se merece” en Change.org é consecuencia, segundo a productora, da mala programación da película, xa que, segundo afirma, tras haberse estreado a nivel nacional o 31 de outubro a través de Aquelarre Cine, e tendo un contrato de distribución asinado con 80 salas, arrincou soamente con 25 cines e aínda hai moitas cidades españolas na que non é posible ver a película. Ademais, en moitas salas a cinta atópase en horarios que impiden ao público xeral o seu visionado.

Esta situación de O apóstolo, segundo Artefacto, “é un síntoma das serias dificultades que ten o cine independente nacional para chegar ás pantallas”, xa que “a última palabra téñena as grandes cadeas de exhibidores, que nalgúns casos son simplemente filiais de grandes multinacionais americanas”. A firma galega destaca que a súa película ha ter para a súa realización o apoio do ICAA, a Xunta de Galicia, TVE e a TVG, e que conseguiu premios en festivais como o Expotoons de Bos Aires ou o CineHorizontes de Marsella.

Categoría: Novas
Etiquetas: