O vindeiro xoves 23 de octubre inaugurase a XVI edición del Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que organiza a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre coa colaboración do Concello de A Coruña e AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Dende 1999 o MPXA formou a máis de 200 profesionais da produción executiva nas distintas areas do  sector audiovisual: cine, televisión, animación e novos media. Entre os seus alumnos destacan profesionais de gran prestixio internacional como Teresa Fernández-Valdés, socia fundadora de Bambú Producciones e recentemente nomeada unha das cinco showrunners máis poderosas de Europa pola prestixiosa revista ‘The Hollywood Reporter’, ou Emma Lustres e Borja Pena, fundadores de Vaca Films e produtores de ‘El Niño’, un dos últimos éxitos do cine español; entre outros.

O plan de estudos do MPXA, dirixido a titulados interesados no proceso da produción audiovisual, atende á necesaria diversidade de coñecementos dun produtor executivo e ofrece aos alumnos un gran abanico de materias que inclúen guión, técnicas de venca de proxectos, sesións de produción cun enfoque administrativo (propiedade intelectual, contratos, subvencións, etc.), nocións de distribución, análise de formatos e políticas de programación e deontoloxía profesional, entre outras.

Ao longo do curso imparten clases no MPXA máis de medio centenar de profesionais en activo do sector. Entre outubro e decembro pasarán polas aulas do Máster Javier Pérez de Silva, socio fundador de La Competencia; Víctor López, creador de marcas de entretemento como Jelly Jamm e Pocoyó; Pepe Coira, guionista e produtor executivo de series de fición e documentais; Manolo González, pioneiro na xestión das axudas públicas ao audiovisual galego e promotor de proxectos como Flocos.TV y Cliphistoria; Alfonso Blanco, director de Portocabo Producciones; ou Alberto Guntín, director de desenvolvemento de Voz Audiovisual.

As clases presenciais impartiranse de luns a venres, de 09:30h a 13:30h e de 15:00h a 18:00h. Para complementar esta formación teórica, en xuño os alumnos realizan un mínimo de 2 meses de prácticas remuneradas en produtoras autonómicas e nacionais.