APERTURA DO PRAZO DE RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS PREMIOS MESTRE MATEO 11

14 / 11 / 2011

A Academia Galega do Audiovisual inaugura unha nova edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, polo que dende hoxe luns, día 14 de novembro, ata o vindeiro venres 16 de decembro ás 14.00h estará aberto o prazo de recepción de candidaturas.

Podedes consulta-las bases e descarga-lo formulario de inscripción e anexos na nosa web, no apartado Actividades – Premios Mestre Mateo 11, ou ben no arquivo adxunto. Agardamos os vosos traballos.

Etiquetas: