O pasado mes de outubro de 2011 presentouse a quinta edición do anuario “Papeis da Academia”, no que recollemos o que deu de si o noso sector no período xullo 2010 -  xuño 2011, así como tódolos premios, os traballos máis salientables do audiovisual galego, os seus protagonistas, textos de opinión realizados por importantes personalidades do sector, así como unha merecida homenaxe ós compañeiros que nos deixaron no último ano.

 

Coma novidade e vontade de adaptación aos novos tempos, incorporouse un USB onde, en formato dixital, podemos desfrutar dunha ampla selección de fotografías dos Premios Mestre Mateo ou das producións presentadas a estes premios.

 

Este ano, o CD “As músicas da Academia” adícaselle ao músico e compositor coruñés Nani García. Esta compilación recolle os sons que o intérprete compuxo para filmes como “De bares”, de Mario Iglesias; “El niño de barro”, de Jorge Algora; ou a película multipremiada “De Profundis”, de Miguelanxo Prado.

 

Anuario

{morfeo 43}