ANIMACAM.TV REMATA O PRAZO DE ENVIO DE FILMES E COMEZA A FASE DE VOTACIÓN DO PÚBLICO

8 / 10 / 2008

O Festival Internacional de Animación On Line iniciou a súa andaina na rede a comezos de xullo deste ano. Está producido e realizado desde a productora LIMAIA PRODUCCIONS S.L. (Sandiás-ourense), e conta co patrocinio oficial de S.A. de Xestión do plan Xacobeo e Turgalicia a traverso da Consellería de Industria e máis da Axencia Audiovisual Galega, da Consellería de Cultura. O 21 de decembro de 2008, data da clausura desta 1ª edición, repartirá entre os gañadores 22.000 ¤ en premios, repartidos entre 6 Categorías a Concurso e 5 Premios Especiais, sempre e cando non haxa ningún deserto.
Animacam concíbese como punto de encontro entre o público en xeral e os amantes e profisionais da animación en particular. A súa relación co Camiño de Santiago parte dos albores do mesmo: na era precristiá, cando xa se peregrinaba até Fisterra para ver “morrer o sol”. Así, toma como vínculo intercontinental os solsticios de verao-inverno e, tendo en conta as distintas vías internacionais do Camiño de Santiago actuais, “sube á rede” para promovelas mediante a animación e divulgando o respeto á diversidade do pensamento e das culturas.

160 FILMES A CONCURSO

76 participantes, 26 países, e máis de 41.000 visitas ao portal en escasamente tres meses, son os resultados da primeira fase do festival, durante a cal estivo aberto o prazo para a recepción de filmes a concurso. A partires de agora, desde o 1 de outubro até o 1 de decembro, comeza a fase de votación do público a través da emisión do voto on line.

Web: www.animacam.tv

Categoría: Novas
Etiquetas: