AMAL EXPÓN O RETO DE REALIZAR UNHA CURTA EN 96 HORAS

4 / 10 / 2012

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal convoca de novo o concurso de curtametraxes Amal Express, unha actividade que conta coa colaboración de adnstream.tv e co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.

Na rolda de prensa estiveron presentes Ghaleb Jaber, Director de Amal; Rawan Hilmi, Asesora en cultura árabe do Festival Amal; Tim Redford, Director do Festival Curtocircuito e Fernando Redondo Neira, Secretario Académico da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; quenes explicaron aos alumnos e asistentes as bases de Amal Express.

Os participantes de Amal Express deberán realizar unha curta nun tempo “express” de 96 horas e baseado nunha palabra crave proporcionada pola organización do Festival Amal. Esta iniciativa pretende fomentar a creatividade de novos cineastas, ademais de promover a cultura en soportes dixitais a través do cine. A palabra crave sobre a que teñen que versar as curtametraxes participantes desvelarase o 13 de Outubro de 2012 ás 12h00 do mediodía. Desta forma, os participantes terán ata o mércores 17 de Outubro (é dicir, 96 horas) para subir a súa curta online a www.adnstream.tv, dentro da canle de curtametraxes “amalexpress”, onde os internautas poderán votar polo seu favorito.

Este ano, o concurso contará ademais cun Xurado Express Coralie Yap-Chine, coordinadora do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2012, Tim Redford, director do Festival de curtos Curtocircuito, Rawan Moh Hilmi, profesora de árabe e Alberto López Pasarín, xurado preselcción Amal 2012. O gañador será anunciado na Gala de Clausura do Festival Amal e recibirá un premio de 500 euros.

Categoría: Novas
Etiquetas: