AMAL CONTARÁ CUN XURADO DE LUXO NA SÚA IX EDICIÓN

27 / 09 / 2011

Xa soamente queda un mes para que de comezo o esperado Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal. A semana do 24 ao 29 de Outubro, Santiago de Compostela acollerá a novena edición deste certame de cine Euroárabe no que, coma se ven facendo tódolos anos, curtametraxes e longametraxes de diferentes países de procedencia son proxectados en Compostela para achegar a cultura árabe aos seus espectadores.

Nesta novena edición, serán máis dunha treintena de producións, entre curtas e longas, as que participen para obter os diferentes premios que outorga Amal. Para a elección dos mellores, haberá un xurado integrado por recoñecidos profesionais de diversos países vinculados ao mundo árabe, ao cine e a cultura. Coma de costume, o grupo que o conforma destaca polo seu carácter intercultural e multidisciplinar.

Nesta ocasión, o xurado estará presidido por un dos personaxes máis influíntes no cine árabe, Abdulhamid Juma, que ademáis formou parte do equipo fundador do Festival Internacional de Cine de Dubai (DIFF); o profesor Haizam Amirah Fernández, especialista nos procesos de transición cara a democracia no mundo árabe; Montse Besada Vergara, un dos membros fundadores da Academia Galega do Audiovisual e que dende 2009 traballa coma Xefa de Produción Externa da TVG; Emma Lustres, fundadora de VACA FILMS STUDIO S.L, produtora que na actualidade se encarga da producción da película “Invasor”, historia dun médico militar que estando en Irak sofre un altercado e queda en coma; Yasmine Al Massri, actriz e bailarina franco-palestina nacida en Beirut; o actor, produtor e escritor palestino Michael Desante, e a comediante Najla Said, filla do célebre abogado palestino Edward Said.

Eles son os encargados de decidir qué proxectos serán os gañadores deste nova edición nas categorías de Mellor longametraxe de ficción; Mellor longametraxe documental; Mellor curtametraxe de ficción; Mellor curtametraxe documental; Mellor Director/Directora; Mellor Actriz e Mellor Actor. O xurado prestará especial atención a calidade cinematográfica das producións, así como a súa capacidade para reflictir historias novas, suscitar o interese do público e para aportar unha mirada diferente.

Máis info: www.festivalamal.es

Categoría: Novas
Etiquetas: