O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal colabora coa sétima edición da Mostra de Cine “O mundo e os dereitos humanos” que ten lugar esta semana en Pamplona. Esta actividade, organizada por Golem e a Aula de Dereitos Humanos do IPES/GITE Navarra, pretende mostrar  películas sensibles ás problemáticas humanas e sociais mundiais. Os comentarios de especialistas en cada un dos temas e debates ofrecen ademáis un espazo para a reflexión. 

 

 

Amal colaborará coa película Zindeeq, do director palestino Michel Khleifi, premiado en Amal 2010. Despois da proxección prevista para as 19:45 h nos Cines Golem Baiona falará José Abu-Tarbush, profesor titular de Socioloxía da Universidade de La Laguna.