O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal abriu o prazo para inscribirse coma voluntario para colaborar na organización do evento, que terá lugar do 14 ao 20 de outubro. Así, calquera persoa maior de 18 anos que durante esa semana teña dispoñibilidade horaria poderá ser voluntaria. Os participantes farán quendas de mañá, tarde ou noite.

Dentro do festival desenvolverán colaboracións en labores de organización, audiovisuais, de tradución, de prensa, traballo web ou deseño.

Os interesados en participar como voluntarios deberán enviar o seu currículo, acompañado dunha fotografía e a súa área de interese –relacións públicas, informática, animadores, prensa, deseño gráfico, tradución, montaxe de vídeo, cámaras- a formacion@araguaney.com antes do día 15 de setembro.