ADIANTO DA PROGRAMACIÓN DO 1º TRIMESTRE DE 2013 DO CINECLUBE PADRE FEIJOO

26 / 12 / 2012

O ano 2013 o Cineclube Padre Feijoo ten unha resposta para mitigar -cinematográficamente falando-  a crise; tres meses de comedia…para que chegue canto antes a primavera! (Excepto a 1ª proxección; especial). As proxeccións serán no Cinebox Ourense ás 18.00, 20.30 e 23h todos os mércores agás a semana do entroido.

• PROXECCIÓN ESPECIAL !!!

9 xaneiro 2013

O Apóstolo (2012, España)

Dirección: Fernando Cortizo | Guión: Fernando Cortizo | Música: Xavier Font, Arturo Vaquero, Philip Glass | Fotografía: Matthew Hazelrig | Intérpretes: Animación (Voces de: Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Paul Naschy, Jorge Sanz, Celso Bugallo, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Atilano Franco, Jacobo Rey ) | Productora: Artefacto producciones | Web oficial: http://www.oapostolo.es/ | Distribuídora: Artefacto producciones | Formatos disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 80 min. | Lingua: Versión Orixinal (Galego)

Premios e mencións:

2012: Festival de Sitges: Nominada á mellor película de animación

Xénero: Fantástico. Intriga. Terror

Sipnose: Un preso recen fuxido da cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes, nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condea peor que acadea. Sinistros anciáns, extranas desaparicións, espíritus, un peculiar sacerdote e ata omesmo arquipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.Primeira producción de stop-motion (Claymation) con plastilina feita en España.

Crítica: “Aparte duns persoaxes absolutamente ben definidos e carismáticos, tamén hai unhatraballada atmósfera, que inqueta e da medo e frío (…) pero, á súa vez, unha simpática eentretida película de aventuras “ (Pere Vall, Fotogramas)

 

• CICLO COMEDIA (Xaneiro / Febreiro e Marzo; para que chegue antes a primavera!)

16 xaneiro 2013

Submarine (2010, Reino Unido)

Dirección: Richard Ayoade | Guión: Richard Ayoade (Novela: Joe Dunthorne) | Música: Andrew Hewitt (Cancións: Alex Turner) | Fotografía: Erik Wilson | Intérpretes: Craig Roberts, Yasmin Paige, Sally Hawkins, Paddy Considine, Noah Taylor, Darren Evans, Elinor Crawley, Steffan Rhodri, Gemma Chan | Productora: Coproducción Reino Unido-EEUU; Film4 / Film Agency for Wales / Red Hour Films | Distribuídora: Versus entertaiment | Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 97 min. | Lingua: V.O inglés, con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2011: Premios BAFTA: Nominada ao mellor debut británico

2011: Premios do cine independente británico: Mellor guión. 5 nominacións

Xénero: Comedia dramática. Adolescencia

Sipnose: Oliver Tate (Craig Roberts) é un peculiar rapaz de 15 anos que ten dous obxectivos: impedir que a súa nai abandone ao seu pai e atoparse a sí mesmo aínda que sexa ao través dunha moza.

Crítica: “En ocasións, aproxímase ao emocionante e mordaz sentido da dor e liberdade da xuventude, que captou François Truffaut en ” (A. O. Scott, The New York Times)

 

23 xaneiro 2013

A parte dos anxos (The Angels’ Share) ( 2012, Reino Unido)

Dirección: Ken Loach | Guión: Paul Laverty | Música: George Fenton | Fotografía: Robbie Ryan | Intérpretes: Roger Allam, John Henshaw, William Ruane, Daniel Portman, Paul Donnelly, Lorne MacFadyen, John Joe Hay, Siobhan Reilly, Barrie Hunter, David Goodall, Jim Sweeney, Gary Maitland, Lynsey-Anne Moffat, Finlay Harris, Nick Farr, Scott Kyle, Jasmine Riggins, Gordon Taylor, David Graham, Roderick Cowie, Fernando Velasquez, Robert J. Goodwin | Productora: Entertainment One / Sixteen Films / Why Not Productions / Wild Bunch | Distribuídora: Alta classic | Formato exhibición: 35 mm | Cor | Duración: 106 min| Lingua: V. O. inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2012: Festival de Cannes: Premio especial do xurado

2012: Premios do Cine Europeo: Nominada á mellor música

Xénero: Comedia. Drama social

Sipnose: Tralo nacimento do seu fillo, parece que Robbie, un rapaz sen traballo, disponse a sentar a cabeza e darlle ao seu meniño unha vida moi distinta á súa. Nun cursillo de formación ao que asiste, un profesor inicia aos seus alumnos na arte de saborear whisky. Robbie descubre entón que posúe un talento excepcional como degustador e moi pronto é capaz de identificar os destilados máis caros e selectos.

Crítica: “Loach e Laverty recuperan o ton e a gracia (…) un filme que sinte cariño polos seus persoaxes (…) que logra que non perdas o interese nunca polo que contan, cun puntoconmovedor e risoño.” (Carlos Boyero, El País )

 

30 xaneiro 2013

Ruby Sparks ( 2012, EE.UU)

Dirección: Jonathan Dayton, Valerie Faris | Guión: Zoe Kazan | Música: Nick Urata | Fotografía: Matthew Libatique | Intérpretes: Paul Dano, Zoe Kazan, Chris Messina, Antonio Banderas, Annette Bening, Steve Coogan, Elliott Gould, Aasif Mandvi, Deborah Ann Woll, Toni Trucks, Alia Shawkat, Wallace Langham, John F. Beach, Jane Anne Thomas, Eleanor Seigler, Emma Jacobs | Productora: Fox Searchlight Pictures / Bona Fide Productions | Distribuídora: Hispano Foxfilm | Formato exhibición: 35 mm | Cor | Duración: 104 min | Lingua: V.O inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2012: Independent Spirit Awards: Nominada ao mellor guión

Xénero: Comedia romántica

Sipnose: Os directores de “Little Miss Sunshine” relatan a historia dun escritor que namórase dun dos seus persoaxes femeninos. Calvin Weir-Fields (Paul Dano) fora un neno prodixio, cuxa primeira novela tivera certa sona. Pero, desde entóns, sofre un sistemático bloqueo creativo agravado pola deprimente vida amorosa. Finalmente, conquire crear unha persoaxe femenina, Ruby Sparks (Zoe Kazan), que acaba materializándose e compartindo a vida con él.

Crítica: “Non busques algo doce e achuchable. A película non ten medo de ensinar as súas poutas. Como o enérxico traballo en equipo de Kazan e Dano, ‘Ruby Sparks’ é honesta, profunda e verdadeira” (Peter Travers, Rolling Stone)

 

6 febreiro 2013

O Irlandés (The Guard)(2011, Irlanda)

Director: John Michael McDonagh | Guión: John Michael McDonagh | Música: Calexico | Fotografia: Larry Smith | Intérpretes: Brendan Gleeson, Don Cheadle, Liam Cunningham, David Wilmot, Rory Keenan, Mark Strong, Fionnula Flanagan, Dominique McElligott, Sarah Greene, Katarina Cas, Pat Shortt, Darren Healy, Laurence Kinlan, Gary Lydon | Productora: Reprisal Films / Element Pictures / Crescendo Productions | web oficial: http://www.sonyclassics.com/theguard/ | Distribuídora: A Contracorriente films | Formato exhibición: 35mm | Cor | Duración: 96 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2011: Globos de Ouro: Nominada ao mellor actor comedia / musical (B. Gleeson)

2011: Premios BAFTA: Nominada ao mellor guión orixinal

2011: Festival de Valladolid – Seminci: Sección oficial longametraxes a concurso

2011: Satellite Awards: Mellor montaxe. 4 nominacións, incluíndo mellor director e guión

Xénero: Thriller. Comedia negra.

Sipnose: Un policía irlandés pouco ortodoxo vese forzado a colaborar cun axente do FBI parainvestigar un asunto internacional relacionado con drogas.

Crítica: “Unha das comedias negras máis corrosivas e insolentes dos últimos anos (…) unha desas xoias aparentemente sinxelas que mataríamos por ver cada semana na grella cinematográfica” (Noel Ceballos, Fotogramas)

 

20 febreiro de 2013

Unha pistola en cada man (Una pistola en cada mano) (2012, España)

Dirección: Cesc Gay | Guión: Cesc Gay, Tomás Aragay | Música: Jordi Prats | Fotografía: Andreu Rebés | Intérpretes: Ricardo Darín, Luis Tosar, Javier Cámara, Leonor Watling, Eduardo Noriega, Leonardo Sbaraglia, Candela Peña, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Cayetana Guillén Cuervo, Jordi Mollà, Clara Segura | Productora: Impossible Films / Televisió de Catalunya (TV3) / Televisión Española (TVE) | Distribuídora: Castelao Pictures S.l. | Formato exhibición: 35 mm | Cor | Aspecto ratio; 1,85:1 | Duración: 95 min. | Lingua: VO castelán

Xénero: Comedia romántica.

Sipnose: Historias cruzadas sobre as carencias e debilidades dos homes de hoxe, que parecen ter perdida a identidade. Película de episodios. A pesar de telo todo, J. (Sbaraglia) está deprimido e é carne de psicoanalista. En cambio, E. (Fernández) vive apaciblemente, aínda que tivo que voltar á casa da súa nai. S. (Cámara) tenta regresar coa súa muller (Segura) dous anos despois da súa ruptura. G. (Darín) recurre aos ansiolíticos para tentar comprender o porqué da aventura da súa muller. P. (Noriega) pretende seducir á súa compañeira Mamen (Peña). María e Sara (Watling e Guillén Cuervo) intercambian aos seus maridos (Mollà e San Juan) co fin de descubrir as súas intimidades. L. (Tosar) chama á súa amante polo nome do seu can. Unha radiografía da vida amorosa de oito homes de hoxe.

Crítica: “Ordeada a partir de duelos interpretativos de altísimo nivel entre actores e actrices en estado de gracia, nunha sorte de episodios cuxa suma actúa coma o debuxo dun caleidoscopio” (M. Torreiro: Fotogramas)

 

27 febreiro 2013

A Roma con amor (To Rome With Love) (2012, EE.UU)

Dirección: Woody Allen | Guión: Woody Allen | Música: Varios (Coord.: Angelo Giovagnoli) | Fotografía: Darius Khondji | Intérpretes: Jesse Eisenberg, Ellen Page, Roberto Benigni, Woody Allen, Penélope Cruz, Alison Pill, Alessandro Tiberi, Alessandra Mastronardi, Alec Baldwin, Judy Davis, Flavio Parenti, Carol Alt, David Pasquesi, Antonio Albanese, Lynn Swanson, Fabio Armiliato, Monica Nappo, Ornella Muti, Corrado Fortuna, Riccardo Scamarcio | Productora: Coproducción EEUU-España-Italia; Gravier Productions / Mediapro / Medusa Film | weboficial: http://www.virgilio.it/toromewithlove | Distribuídora: Alta Classic | Formato exhibición: 35mm | Cor | Aspecto ratio: 1,85:1 | Dolby dixital | Duración: 102 min. | Lingua: VO inglés e italiano con subtítulos en castelán VOSc

Xénero: Comedia romántica.

Sipnose: Película de episodios; Catro historias independentes cun escenario común: a cidade de Roma. Na primeira, un matrimonio americano (Woody Allen e Judy Davis) viaxa a italia paracoñecer á familia do prometido da súa filla (Alison Pill). Na segunda, un italiano (Roberto Benigni) faise con sona sen motivo, da noite para a mañan. Na terceira, un arquitecto californiano (Alec Baldwin) visita Roma cos seus amigos onde coñece a unha estudante (Jesse Eisenberg) e, na cuarta, unha recén casada (Alessandra Mastronardi) pérdese na capital italiana, á que foi para visitar aos familiares do seu marid.

Crítica: “O director volta a acreditar a súa natureza de mestre do conto portátil (…) Allen combina interesantes ideas narrativas (…) con tonificantes desvíos cara o delirio” (Jordi Costa, El País)

 

6 marzo 2013

O amigo da miña irmá (Your Sister’s Sister) (2011, EE.UU)

Dirección: Lynn Shelton | Guión: Lynn Shelton | Música: Vince Smith | Fotografía: Benjamin Kasulke | Intérpretes: Emily Blunt, Rosemarie DeWitt, Mark Duplass, Mike Birbiglia, Mel Eslyn | Productora: Ada Films | Distribuídora: Avalon | Formato exhibición: 35mm | Cor | Dolby | Duración: 90 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2012: Premios Gotham: Mellor reparto

2012: Independent Spirit Awards: Nominada á mellor actriz secundaria (Rosemarie DeWitt)

Xénero: Comedia romántica. Drama amizade

Sipnose: Mirando a Jack (Mark Duplass) tan abatido pola morte do seu irmán Tom, Iris (Emily Blunt) dalle as chaves dunha cabana situada nunha illa lonxana, coa esperanza de que a soidade tranquilice a súa dor; mais resulta que a casiña, xa está ocupada por Hannah (Rosemarie DeWitt), a irmá de Iris, que tamén refuxiouse alí para esquecer as súas penas: a Hannah deixouna a noiva Pam despois de estar xuntas durante sete anos. Ao día seguinte chega Iris…

Crítica: “Conta non só con algúns dos diálogos máis divertidos, realistas e emotivos escoitados recentemente, se non tamén con tres actores cuxo traballo non merece outro calificativo co de impresionante.” (Antonio Trashorras, Fotogramas)

 

13 marzo 2013

As Sesións (The Sessions) (2012, EE.UU)

Dirección: Ben Lewin | Guión: Ben Lewin | Música: Marco Beltrami | Fotografía: Geoffrey Simpson | Intérpretes: John Hawkes, Helen Hunt, William H. Macy, Moon Bloodgood, Annika Marks, W. Earl Brown, Blake Lindsley, Adam Arkin, Ming Lo, Jennifer Kumiyama, Robin Weigert, Jarrod Bailey, Rusty Schwimmer | Productora: Fox Searchlight Pictures | Web oficial: http://www.foxsearchlight.com/thesessions/ | Distribuídora: Hispano Foxfilm | Formato disponible exhibición: 35mm | Cor | Aspecto ratio: 1,85:1 | Dolby | Duración: 98 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2012: Globos de Ouro: 2 Nominacións: mellor actor drama (Hawkes) e actriz sec. (Hunt)

2012: Festival de Sundance: Premio do público (mellor película) e mellor reparto

2012: Festival de San Sebastián: Premio do público

2012: Independent Spirit Awards: Nominada ao mellor actor (Hawkes) e actriz sec. (Hunt)

2012: Satellite Awards: 5 nominacións, incluíndo mellor película

Xénero: Comedia. Dramática. Baseada en feitos reais.Discapacidade.

Sipnose: Mark O’Brien (John Hawkes), un poeta e xornalista tetrapléxico e cun pulmón de aceiro que decide que, aos seus 38 anos, xa é hora de perder a virxinidade. Coa axuda do seu terapeuta e a orientación dun sacerdote (William H. Macy), Mark ponse en contacto con Cheryl Cohen-Greene (Helen Hunt), unha profesional do sexo.

Crítica: “John Hawkes fai un tipo de interpretación para o cal inventáronse os premios neste estimulante agasallo de película que é divertida, emocionante e vital (…)” (Peter Travers: Rolling Stone)

 

20 marzo 2013

Ata a vista (Hasta la vista) (2011, Bélxica)

Dirección: Geoffrey Enthoven | Guión: Pierre De Clercq | Música: Meuris 1 Fotografía: Gerd Schelfhout | Intérpretes: Robrecht Vanden Thoren, Gilles De Schrijver, Tom Audenaert, Isabelle de Hertogh, Kimke Desart, Johan Heldenbergh, Karlijn Sileghem, Katelijne Verbeke, Karel Vingerhoets, Marilou Mermans, Itziar Luengo | Productora: Fobic Films | Distribuídora: Karma Films | Formato exhibición: 35mm, disponible; DCP 2k/4k | Cor | Aspecto ratio: 2,35:1 | Son dixital | Duración: 109 min. | Lingua: VO Alemán, Francés, Inglés e castelán, con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2011: Festival de Valladolid – Seminci: Espiga de Ouro (mellor película)

2012: Premios do Cine Europeo: Premio do público á mellor película europea

Xénero: Comedia. Dramática discapacidade. Road Movie

Sipnose: Tres rapaces de apenas vinte anos, que aman o viño e as mulleres, pero que nunca gostaron da compañía íntima dunha muller, co pretexto de facer un itinerario enolóxico, veñen a España coa esperanza de perder a súa virxinidade. Nada os deterá, nin siquiera as súas respectivas discapacidades: un deles é cego, outro está postrado nunha cadeira de rodas e o terceiro é completamente paralítico.

Crítica: “Unha pequena xoia que convén descubrir (…) “(Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)

Categoría: Novas
Etiquetas: