O director do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, D. Ghaleb Jaber Martínez, anunciou hoxe en rolda de prensa a apertura do prazo de inscripción para participar na novena edición do Festival, que se celebrará do 24 ao 29 de outubro de 2011 en Santiago de Compostela. Unha edición que “arrinca con mais forza que nunca, xa que a crise axuda a renovar as ideas e a desenvolver a imaginación” .

O Festival aspira a superar o nivel de participación da anterior edición, na que se recibiron máis de 600 películas procedentes de todos os recunchos do mundo. Poderán presentarse a competición calquera longametraxe de ficción, documental o curtametraxe producida o coproducida por un país árabe, así como aquelas películas que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixen. So poderán participar aquelas produccións finalizadas entre os anos 2010 e 2011.

Todas as obras seleccionadas proxectaranse ao longo da celebración do Festival. Ademais, espectadores de todo o mundo poderán ver as curtametraxes participantes a través da páxina web de Amal. As bases do concurso están xa dispoñibles en varios idiomas na páxina oficial do festival  www.festivalamal.es. As inscripcións  poderán realizarse on line dende esta mesma páxina web, aínda que tambén poderán realizarse por email e correo electrónico. O prazo de presentación de obras rematará o próximo  15 de Xuño de 2011.

Ghaleb Jaber aproveito a ocasión para presentar algunhas das actividades paralelas de Amal, como o I Concurso Internacional de Carteis, que xa está en marcha,  Amal Express, o Ciclo de Cinema Infantil ou a Semana Gastronómica Árabe, que convidará a un chef libanés de renome internacional para impartir unha masterclass. Un ano máis, continúa fiel ao seu compromiso de ofrecer unha mirada diferente sobre a realidade social e cultural árabe, coa intención de  promover o diálogo entre culturas a través dunha linguaxe tan universal como é o cine.