ABANO PRODUCCIÓNS ÚNICA EMPRESA GALEGA PRESENTE NO CARTOON FORUM 2009 CELEBRADO EN NORUEGA

5 / 10 / 2009

A empresa Abano Produccións, liderada por Chelo Loureiro, viaxou a Noruega a presentar no Cartoon Forum o seu proxecto A Tropa de Trapo –The Happets, título en inglés-, sendo este ano a única presenza galega.

A súa presentación, realizada conxuntamente con Alex Colls, director da longametraxe cinematográfica e da serie para televisión, asistiron un importante número de broadcasters internacionais como BBC, Disney Channel Worldwide, Nickelodeon, HIT Entertainment… e nacionais como TVE, TV3 e Canal Sur, manifestando todos eles o seu interese polo proxecto.

Abano Produccións foi creada en 2008 pola produtora executiva de animación Chelo Loureiro, responsable de títulos de longametraxes, series e curtametraxes como “De Profundis”, “La flor más grande del mundo”, “La crisis carnívora”, “¿Y por qué?” o “El Soldadito de Plomo” realizadas coa produtora Continental 

O Cartoon Forum é un foro de cooperación europea onde cada ano son presentados centos de proxectos de animación que vense sometidos a un riguroso proceso de selección. Nesta edición foron elixidos 61 traballos de 19 países, e participaron 725 profesionais entre broadcasters, inversores e produtores.

Categoría: Novas
Etiquetas: