A primeira película española de animación en 3D dirixida por Alex Colls e distribuída por ALTA CLASSICS, estará na 55 Semana Internacional de Cine  de Valladolid, que se celebrará do 23 ao 30 de outubro.  

A longametraxe, a primeira producción de animación española que se estreará en 3D estereoscópico, proxectarase o domingo 24 de outubro dentro das seccións especiais desta edición do festival, e chegará as salas de cine o 29 de outubro.

 

 “A tropa de trapo”  é un filme dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de simpáticas mascotas de trapo. Xuntos vivirán unha emocionante aventura que cautivará aos máis pequenos, ademais de ofrecerlles a oportunidade de aprender e consolidar valores tan importantes como o de aceptarnos e querernos tal e como somos. 

O filme é unha produción de Anera Films, Continental Animación, Abano Producións e  La Tropa de Trapo SL. www.altafilms.com