“A TODA MECHA” CONVERTIRÁ RIBADEO NUN PLATÓ XIGANTE

19 / 06 / 2008

Por terceiro ano consecutivo a actividade “A Toda Mecha” fomentará a creación de curtametraxes dixitais, convertindo a vila de Ribadeo nun plató xigante. O evento levarase a cabo dentro do marco do On &Off 4 Festival Creativo de Curtas: 30 e 31 de Xullo, 1 e 2 de Agosto.
“A Toda Mecha”, promovido por MR MISTO FILMS coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a través da Axencia Audiovisual de Galicia, pon a disposición dos creadores e creadoras de tódolos elementos, dende a intendencia ata os medios técnicos, para a gravación e produción de varias curtas.

Os grupos participantes deberán producir, gravar e montar as súas curtametraxes nun máximo de 100 horas e terán unha duración inferior a 5 minutos (sen créditos).

O proceso de selección levarase a cabo mediante o envío por parte dos participantes dunha sinopse-guión (como mínimo 2 páxinas) e da ficha de inscripción; o límite de recepción destes documentos é o día 14 de Xullo.

Por outra banda a organización do On & Off 4 Festival Creativo de Curtametraxes comunica que ata o 30 de Xuño segue aberto o prazo de recepción de curtametraxes para a sección oficial do festival.

Máis información:

www.festivalonoff.com
info@festivalonoff.com
atodamecha@mrmisto.com

Categoría: Novas
Etiquetas: