A TELEVISIÓN CHEGA AOS INSTITUTOS CO AU 2008

4 / 06 / 2008

O Consorcio audiovisual organiza estes cursos que serán impartidos pola productora Mr Misto Films por diferentes colexios de toda Galicia. O obxectivo destes cursos será a gravación de diferentes tipos de programas, dende informativos, debates ou magazines ata concursos ou programas musicais.
Na primeira clase, de tipo teórica explicarase cómo funciona a televisión e que material se utiliza para poder gravar un programa de televisión. Mediante exemplos reais da televisión explicarase o funcionamento dos equipos e a forma que teñen as televisión actuais de gravar diferentes tipos de programas.

A partires de ahí, e divididos en equipos de traballo realizarán toda a reprodución dun programa de televisión: decorados, vtr’s, cabeceiras…

No segundo día levarase a cabo a realización do programa. Montarase un control de realización e cada alumno terá un posto fundamental para o desenvolvemento da actividade.

Esta semana os cursos impartiránse no CPI Eugenio López ( Cee), no IES Porto do Son e no IES Ponte Caldelas ( Pontevedra)

Categoría: Novas
Etiquetas: