A PRODUCIÓN EXECUTIVA E O NOVO MERCADO TELEVISIVO

2 / 03 / 2009

Pedro Revaldería, Director Xeral de Plural Entertainment estará en MPXA (Máster en Produción e Xestión Audiovisual) o vindeiro venres día 6 de marzo, para falar cos alumnos, da produción executiva e do novo mercado televisivo.
Revalderia foi durante os últimos anos Director de Produción e Contidos en Tele 5, Director de programas en Antena 3 e Canal Plus así como responsable de produción en Sogecable. Esta experiencia profesional permítelle ter unha visión global do mercado televisivo, que compartirá cos alumnos deste máster.

Desde hai 6 meses, dirixe Plural Entertainment, produtora que crea contidos para as canles xeralistas españolas, portuguesas e as televisións latinoamericanas.

O martes 3 de marzo, Sergio García, Director de Produción de Cuestión de Sexo, explicará as dificultades que teñen as produtoras para conseguir, con orzamentos cada vez máis escasos, calidade na emisión das series de ficción. García é director de produción en Notro Films.

Categoría: Novas
Etiquetas: