A curtametraxe Pode ser está incansable nas últimas semanas. Despois de que a peza, producida por Mr Misto Films e dirixida por Carlos Seijo, estivera presente no Barcelona Visual Sound e no Festival da madama de Sanxenxo , agora estrea páxina web (www.curtapodeser.com ).
A curta, que estivo subvencionada o pasado ano pola Consellaría de Cultura a través da Axencia Galega do Audiovisual, está interpretada por Tonhito de Poi e Camila Bossa e grazas a esta nova proposta web achegará máis información a todos os espectadores. Entre os contidos que inclúe a páxina están o trailer, fotografías inéditas da rodaxe e as datas das próximas proxeccións. Todo elo aderezado coa simboloxía plástica que caracteriza ao autor, Carlos Seijo, licenciado en belas artes e gañador entre outros do GzCrea 06.

Pode ser, que narra de xeito poético e visual a relación entre un mariñeiro e a súa muller, gravouse durante catro xornadas na vila lucense de Ribadeo ao abeiro do IV Festival de curtas creativas ON&OFF. Seijo alzárase na edición anterior do festival co primeiro premio do concurso de curtas exprés, A Toda Mecha, polo que no ano 2008 optou a que Mr Misto Films lle produxera unha curtametraxe. O resultado desta unión xa está percorrendo as principais vilas e cidades de Galicia, a próxima cita será o 5 de marzo na Fnac da Coruña.