A Gala de Entrega dos Premios MM04 apraza a súa celebración para o vindeiro 20 de marzo. O lugar que este ano acolle o evento, é o Teatro de Caixanova en Vigo –García Barbón-, e a Academia Galega do Audiovisual está xa traballando na súa organización técnica e artística. A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO SERÁ O 20 DE MARZO EN VIGO

Son 33 as Productoras que presentan 89 produccións ós Premios

Martes 25 de xaneiro de 2005.- A Gala de Entrega dos Premios MM04 apraza a súa celebración para o vindeiro 30 de marzo. O lugar que este ano acolle o evento, é o Teatro de Caixanova en Vigo –García Barbón-, e a Academia Galega do Audiovisual está xa traballando na súa organización técnica e artística. Nesta Gala coñeceremos ós gañadores de cada unha das 25 categorías en que se distribúe este Premio, ó que optan un total de 33 empresas productoras –incluíndo a TVG- que presentan 89 produccións. A Academia Galega do Audiovisual está en pleno proceso de elección de Nominados, tendo este ano como novidade dentro das Bases que rexen os MM04 a carencia de Xurado, é dicir, que son os propios socios da Academia quen elixen tanto ós Nominados na primeira fase, como ós gañadores na derradeira fase do proceso. O prazo de alegacións para a primeira fase das votacións ampliouse tamén até o día 30 de xaneiro.