Despois do dobre premio recibido en días pasados en Barcelona, a curtametraxe ‘Deis Dei’, do pontevedrés Nani Matos segue o seu percorrido por festivais e certámenes audiovisuais. Esta vez, a súa obra foi seleccionada no Festival Internacional de Cine Pobre Humberto Solás de Gibara, Cuba, e no Valsusa Filmfest en Condove, Italia.

O Festival Internacional de Cine Pobre de Cuba,  está organizado polo Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC) e o Ministerio de Cultura e os Gobernos de Holguín y Gibara. Neste Festival a curta foi seleccionada para a mostra informativa. No referente ao Valsusa Filmfest participará na sección competitiva.

Con máis de 300 obras presentadas procedentes de Italia, Francia, España, Suiza, Polonia e Arxentina, será xunto con outra curtametraxe, as únicas cintas españolas que optarán a un galardón no apartado de curtametraxes de ficción.