A COORDINADORA DE ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL GALEGO INICIA UNHA CAMPAÑA CONTRA O ANTEPROXECTO DE LEI XERAL DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

13 / 10 / 2009

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego comeza unha campaña de adhesións do sector audiovisual a nivel de todo o Estado ao escrito dirixido ao Presidente do Goberno de España, para que os operadores de televisión destinen o 5% dos seus ingresos á financiación de longametraxes, tv movies e documentais en calquera lingua oficial do Estado. Contrario ao que pretende o anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual.

As adhesións poden facerse nesta páxina web:

http://www.blogoteca.com/5x100paracine/

A Coordinadora está en contra do intento de desvirtuar a lexislación europea relativa á obriga das televisións de apoiar ás producións cinematográficas de empresas independentes.

A coordinadora oponse a que o 5 por cento poida ser dirixido á produción de series, ou a calquera outro fin distinto do establecido na normativa da Unión Europea.

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego está constituída pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).

Portavoz da Coordinadora e contacto:
Vicente Montoto
vicentemontoto@yahoo.es
Teléfono: 659703907

Categoría: Novas
Etiquetas: