A ASOCIACIÓN GALEGA DE GUIONISTAS PARTICIPA NA FEIRA ACHEGARTE

25 / 11 / 2009

A Concellaría de Cultura de A Coruña organiza nas instalacións de Palexco os días 28 e 29 de Novembro “AchegArte”, a feira da Cultura Galega. A Asociación Galega de Guionistas organiza unha mesa redonda no marco deste evento. Entre outras cuestións, abordarase a conversión desta asociación no Sindicato Galego de Guionistas.

A Asociación Galega de Guionistas organiza unha mesa redonda baixo o titulo “Ser guionista en Galicia” no marco de AchegArte. Nesta mesa vanse escoitar as opinións e experiencias de varios guionistas adicados a diferentes facetas do mundo do guión. Interviran Puri Seixido (guionista de ficción para TV), Alfonso Zarauza (guionista e director cinematográfico), David Ramos (guionista de programas de TV), e Marcos Nine (guionista de ficción para TV, curtas e documentais). A mesa estará moderada por Rivadulla “Corcón”, presidente da Asociación de Guionistas.

Nesta mesa redonda tamén se abordará a cuestión da conversión desta Asociación no Sindicato Galego de Guionistas. Este sindicato está en pleno proceso de constitución. O Sindicato Galego de Guionistas é o primeiro sindicato profesional que se vai facer no noso País no ambito do audiovisual galego.

A mesa redonda terá lugar de 11.00 a 12.30 no Salón Azimut do Palexco. O acto é aberto ao público.

Máis información: Rivadulla Corcón  corcon@telefonica.net 
  

Categoría: Novas
Etiquetas: