A Academia Galega do Audiovisual comezou xa a enviar as papeletas de votación @s soci@s da mesma, para determinar ós catro finalistas, os catro nominados, de cada unha das 26 categorías que se someten a votación dos membros da AGA, unha vez realizadas e resoltas as alegacións presentadas polos mesmos. Así, terán que determinar antes do 17 de febreiro quen serán os catro nominados de entre os candidatos de cada unha das categorías estipuladas nas Bases destes Premios Mestre Mateo 05, e que posteriormente, ata o 10 de marzo, serán con esta listaxe de finalistas cos que haberá que elixir ós gañadores de cadansúa categoría. Uns gañadores que coñeceremos na Gala de entrega dos Premios, que se celebrará na Coruña no vindeiro mes de Marzo.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL VOTA ÓS CATRO NOMINADOS DE CADA CATEGORÍA PARA OS PREMIOS MM’05

Na Gala, que se celebrará en Marzo, coñeceremos ós gañadores

A.G.A., Santiago, 2 febreiro 2006

A Academia Galega do Audiovisual comezou xa a enviar as papeletas de votación @s soci@s da mesma, para determinar ós catro finalistas, os catro nominados, de cada unha das 26 categorías que se someten a votación dos membros da AGA, unha vez realizadas e resoltas as alegacións presentadas polos mesmos. Así, terán que determinar antes do 17 de febreiro quen serán os catro nominados de entre os candidatos de cada unha das categorías estipuladas nas Bases destes Premios Mestre Mateo 05, e que posteriormente, ata o 10 de marzo, serán con esta listaxe de finalistas cos que haberá que elixir ós gañadores de cadansúa categoría. Uns gañadores que coñeceremos na Gala de entrega dos Premios, que se celebrará na Coruña no vindeiro mes de Marzo.

Os socios e socias, terán que determinar os 4 finalistas –agás no caso de que os seleccionados a optar ós premios non acade ese número- de entre os presentados: para mellor Longametraxe, son 7 as producións nominadas; a mellor longametraxe documental, son 3; mellor película de tv son 2, ó igual que os nominados a mellor programa de tv. Para a mellor serie de TV son 5 os nominados; a mellor documental, 19; mellor produción interactiva, 13; mellor produción de publicidade, 19; a mellor curta de ficción hai que elixilas entre 16; mellor curta de animación, 6. A mellor dirección de produción son 14 as producións nominadas, e a mellor fotografía son 19 os profesionais que optan a seren finalistas. En mellor maquillaxe e perruquería, son 20 profesionais, mellor deseño de vestiario, 14; mellor dirección artística, 13; mellor montaxe, 15 profesionais. Mellor son, 18; mellor guión, son 46 os profesionais que optan, toda vez que en moitos casos, como finalista pode ser un equipo de guionistas dun só traballo. Entre 14 haberá que elixir ós 4 da mellor banda sonora; entre 17, ós da mellor dirección; entre 7, á mellor realización. Para mellor comunicador/a de tv son 6 os finalistas, e para mellor interpretación masculina protagonista son 17. Para mellor interpretación feminina protagonista hai 13 profesionais; na mellor interpretación masculina secundaria son 41 os profesionais que optan a ser finalistas, e para mellor interpretación feminina secundaria, son 27 os profesionais. Nestes casos de interpretacións, algúns dos profesionais optan a seren finalistas por máis dun traballo realizado.

Cómo está sendo o proceso

Do 31/1/06 ó 17/2/06, prazo para a 1ª rolda de votacións na que os socios elixen ós catro nominados de cada categoría.

Do 24/2/06 ó 10/3/06, prazo para a 2ª rolda de votacións na que os socios elixirán aos gañadores dentro de cada categoría.
Na semana do 13 ó 19 de marzo celebrarase a Gala, non sen antes celebrar a tradicional Festa dos Nominados en días previos á mesma.

Lugar de Celebración: A Coruña.

Produtoras presentadas:
Produtoras presentadas: 37
Escolas/Universidades presentadas: 4

Traballos presentados:
93 traballos.

Profesionais presentados:
Aproximadamente presentáronse 95 profesionais ás diversas categorías .

Censo de soci@s votantes:
204 asociados.

O que aconteceu ata agora:

Dende o día 2 de novembro e ata o 23 recibíronse na Academia os diversos traballos que enviaron as produtoras para esta nova edición, e en principio non houbo ningún incidente salientable.

Logo, recibimos as, por certo, poucas alegacións presentadas pol@s soci@s, e que foron tidas en conta. Deste proceso, saíron os candidatos.

Onte 31 de xaneiro sacouse o listado definitivo de candidatos e enviáronse para a primeira rolda de votacións ós asociados, para coñecer quen serán os nominados de cada unha das candidaturas.

De entre estes nominados, dende o 24 de febreiro e ata o 10 de marzo, elixiranse ós gañadores, que serán dados a coñecer na propia Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 05.