A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL E A ACADEMIA DO CINE CATALÁN INICIAN O PRIMEIRO INTERCAMBIO ENTRE ENTIDADES HOMÓLOGAS DO ESTADO

20 / 01 / 2010

A Academia Galega do Audiovisual ven de pechar un acordo de colaboración coa Academia do Cine Catalán polo que ámbalas dúas entidades poñen en marcha o que será a primeira experiencia de intercambio entre as institucións homólogas existentes no estado. O obxectivo é potenciar a promoción e difusión do traballo dos profesionais e empresas audiovisuais de Galicia e Cataluña máis aló dos seus territorios.

Froito deste novo marco de achegamento entre as dúas academias e como primeira actividade conxunta, as curtametraxes presentadas na segunda edición dos Premios Gaudí viaxarán a Galicia para seren proxectadas e dadas a coñecer entre o público galego, ao que seguirá en datas posteriores a proxección das longametraxes catalanas gañadoras do certamen (ficción, animación e documental), neste caso na cidade da Coruña e unha vez celebrada en Barcelona a Gala dos II Premios Gaudí que terá lugar o 1 de febreiro. Do mesmo xeito, Barcelona acollerá en maio a exhibición das longametraxes gañadoras dos Premios Mestre Mateo 2009, ademáis de todas as curtas presentadas á convocatoria.

Esta iniciativa desenvolverase coa colaboración da SGAE, que cede as súas instalacións en Santiago de Compostela (Arteria Noroeste) e Barcelona para a proxección das obras. Para levar a cabo estas actividades a Academia Galega do Audiovisual conta co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo e da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

Primeira actividade: As Curtas dos Premios Gaudí

Lugar e hora: Arteria Noroeste (Santiago de Compostela), 20:00 horas, de luns a domingo, entrada libre e gratuíta.

Luns, 25 de Xaneiro

1.- Pantomima, de Héctor Suñol Bert
     Ficción. Suspense.
     Dur: 21 min.

2.- Salm 51, de Gerard Marcó
     Ficción.
     Dur: 7 min.

3.- Cenizas, de Luis Goyanes.
     Ficción. Thriller.
     Dur: 15 min.

4.-Die Archives Von C.G. Jung
    Ficción. Fantástico.
    Dur: 16 min.

5.- Love, de Biel Mauri
     Ficción. Drama.
     Dur: 15 min.

Martes, 26

1.- Els Anys del Silenci
     Ficción. Drama.
     Dur: 19 min.

2.- 360º, de Maja Djokic
     Ficción. Suspense.
     Dur: 10 min.

3.- Chat Noir, de Daniel Fibla Amselem
     Ficción. Drama bélico.
     Dur : 14 min.

4.- O.W Kenosha, de Carlos Benpar.
     Documental.
     Dur: 23 min.

5.- Sinfonía cotidiana, de Isaac García
     Ficción.
     Dur: 9 min.

Mércores, 27

1.- 501, de Laia Fábregas.
    Documental.
    Dur: 29 min.

2.- (En)terrats, de Álex Lora
     Ficción. Traxicomedia.
     Dur: 11 min.

3.- Pin-up, de Tania Verduzco
     Ficción
     Dur: 19 min.

4.- La última cena, de Javier Ideami.
     Ficción. Drama.
     Dur: 15 min.

Xoves, 28

1.- Fácil, de Francesc Cánoves
     Ficción. Comedia
     Dur: 20 min.

2.- Evocació, de Santiago Lapeira.
     Ficción. Drama.
     Dur: 8 min.

3.- Novilunio, de Roberto Chinet
     Ficción.
     Dur: 12 min.

4.- Espaguetis crudos
     Ficción. Comedia.
     Dur: 15 min.

5.- Lazarus Taxon, de Denis Rovira.
     Terror/ Ciencia ficción.
     Dur: 15 min.

Venres, 29

1.- Viaje de ida y vuelta, de Fany de la Chica
     Documental.
     Dur: 20 min.

2.- Hospital de Nines, de Cláudia Flores.
     Ficción. Drama.
     Dur: 9 min.

3.- Fotógrafo, de Carles Muñoz.
     Ficción.
     Dur: 18 min.

4.- 75 Metros, de Daniel Castro
     Ficción. Drama.
     Dur: 12 min.

5.- Ojo por ojo, de Juan Ruiz Espinosa.
     Ficción. Drama.
     Dur: 16 min.

Sábado, 30

1.- Piel de Cordero, de Gemma Martínez
     Ficción. Drama/ Comedia.
     Dur: 14 min.

2.- Tel, de Marc Giralt
     Ficción. Drama.
     Dur: 14 min.

3.- Pablo, de Nely Reguera.
     Ficción. Drama.
     Dur: 13 min.

4.- Yanindara, de Lluís Quílez
     Ficción. Drama fantástico.
     Dur: 20 min.

5.- Dos de dos, de Denise Castro
     Ficción. Drama erótico.
     Dur: 13 min.

Domingo, 31

1.- Padre modelo, de Alejandro Marzoa.
     Ficción. Drama.
     Dur: 12 min.

2.- Recuerdos a Wifly,de Albert Oliver.
     Ficción. Drama.
     Dur: 14 min.

3.- Bienvenidos a Mundo Patata, de Vincent Arlandis.
     Animación para Adultos. Humor ácido.
     Dur: 16 min.

4.- Rodilla, de Juanjo Jiménez.
     Ficción. Drama.
     Dur: 18 min.

5.- Korscha, de Manuel Pérez.
     Ficción. Thriller.
     Dur: 13 min.

Aquí

 

 

Etiquetas: