O Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a listaxe de finalistas da oitava edición dos Premios Mestre Mateo. O Presidente da Academia e Mara González, xerente da entidade, deron lectura pública en rolda de prensa aos sobres notariais cos resultados dos votos dos académicos, acompañados polo asesor xurídico da entidade, Miguel Lorenzo.

Na presente edición do certame presentáronse  como aspirantes nas diferentes categorías un total de 101 obras,  e 439 profesionais . Neste sentido, as categorías de Curtametraxe de Ficción (24 obras presentadas), Programa de Televisión (15 produccións) e Longametraxe Documental (12 produccións) foron as máis concurridas por parte dos creadores galegos.

Na rolda de prensa, Pico revelou a data e o lugar elixidos este ano pola Academia para acoller a tradicional Gala de entrega de galardóns. A cerimonia, que pretende mostrar e recoñecer a calidade dos profesionais e da industria galega, terá lugar o 15 de abril no  Pazo da Cultura do municipio coruñés de Narón.

Nesta ocasión, a directiva da Academia elixiu unha localidade recoñecida pola calidade da súa programación e infraestruturas culturais, que a fan equiparable ao que poden propoñer as grandes cidades de Galicia. Segundo concluiu Pico “a celebración da gala en Narón é un recoñecemento ao seu compromiso coa cultura galega”.

LISTAXE DE NOMINADOS PMM 2009

Os nominados aos PMM09 para cada unha das 27 categorías son:

MELLOR SON

SERBIO BURMANN, CARLOS FARUOLO E JAIME FERNÁNDEZ por CELDA 211
DIEGO KARTASZEWICZ, CARLOS MOURIÑO, ANDRÉS QUINTERO, ENRIQUE  ALFONSO SEGURA ÁLVAREZ E DANIEL ZAHALKA  por ¿QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE?
DAVID MACHADO, DIEGO STAUB E J.L. VÁZQUEZ  por AGALLAS
CARLOS MOURIÑO por UN BO HOME

MELLOR MONTAXE

JORGE COIRA, PIU GÓMES, ALEJO HOIJMAN, ANA REMÓN, DANIEL SUÁREZ E PAOLA VIEIRA ¿QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE?
MAPA PASTOR  por CELDA 211
GUILLERMO REPRESA  por AGALLAS
SANDRA SÁNCHEZ  por RAFAEL

MELLOR REALIZACIÓN

MANUEL A. ESPIÑEIRA por PADRE CASARES
CARLOS DÁVILA por RUTA 66
TOÑO LÓPEZ E JORGE SAAVEDRA por MATALOBOS
MARTA PIÑEIRO E ALFONSO ZARAUZA por  O NORDÉS

MELLOR COMUNICADOR DE TV

XOSÉ A. TOURIÑÁN por BOTARSE AO MONTE
 XOSÉ BARATO por A MIÑA FAMOSA FAMILIA
XOSÉ LOIS BERNAL “FARRUCO”  por  VIVIR AQUÍ
MAYTE CABEZAS por  A REVISTA FIN DE SEMANA

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCCIÓN

CARLOS AMOEDO  por AGALLAS
ALFONSO BLANCO, PAULA FERNÁNDEZ E ANA MÍGUEZ  por PADRE CASARES
XABIER EIRÍS  por A CAIXA NEGRA
ALICIA TELLERÍA  por CELDA 211

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA

NATALIA ARCAY E LORENA CALVO  por  MATALOBOS
NOELIA ARCAY E BEATRIZ VÁZQUEZ  por PADRE CASARES
RAQUEL FIDALGO E INÉS RODRÍGUEZ por  CELDA 211
SUSANA VIEIRA por RAFAEL

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO

RUTH D. PEREIRA por  AGALLAS
JULIA RODRÍGUEZ PADRE por  CASARES
MONTSE SANCHO por CELDA 211
SATURNA por MATALOBOS

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

CURRU GARABAL por  GORDOS
ANTÓN LAGUNA por CELDA 211
ANTONIO PEREIRA por MATALOBOS
MARTA VILLAR por AGALLAS

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

SUSO BELLO por O CLUB DA CALCETA
JUAN CARLOS CASTILLO, GASTÓN GIROD, MATÍAS JAVIER LAGO, RICKY MORGADE, CAROLINA NAVAS E SOFÍA OGGIONI por ¿QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE?
CARLES GUSI por CELDA 211
ALFONSO PARRA por  DOUS DE VINTETANTOS

MELLOR MÚSICA ORIXINAL

ROQUE BAÑOS por CELDA 211
XAVIER FONT E ARTURO VAQUERO por AGALLAS
ARTURO KRESS por SEÑORA DE
IVÁN LAXE E PITI SANZ por O NORDÉS

MELLOR GUIÓN

LIDIA FRAGA, CARLOS PORTELA E VICTOR SIERRA por PADRE CASARES
MARIO IGLESIAS  por RELATOS
JORGE GUERRICOECHEVARRÍA E DANIEL MONZÓN por CELDA 211
ALBERTO GUNTÍN, CARLOS PORTELA, JOSE RUBIO E VÍCTOR SIERRA por MATALOBOS

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO

CARLOS BARDEM por CELDA 211
CELSO BUGALLO por AGALLAS
XAVIER DEIVE por MATALOBOS
LUIS ZAHERA por CELDA 211

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO

CAMILA BOSSA por MATALOBOS
MELA CASAL por CONEXIÓN
TETÉ DELGADO por GORDOS
MARTA ETURA por CELDA 211

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA

PEDRO ALONSO por PADRE CASARES
ANTONIO DURÁN “MORRIS” por PADRE CASARES
LUÍS IGLESIA B. por MATALOBOS
LUIS TOSAR por CELDA 211

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA

NEREA BARROS por RAFAEL
MERCEDES CASTRO por PADRE CASARES
LUISA MERELAS por MATALOBOS
MARÍA VÁZQUEZ por O CLUB DA CALCETA

MELLOR DIRECCIÓN

JORGE COIRA, ALEJO HOIJMAN, MARCOS LOAYZA, CAROLINA NAVAS, JOSUÉ MÉNDEZ, ALEJANDRA SZEPLAKI E PAOLA VIEIRA por ¿QUÉ CULPA TIENE EL  TOMATE?
MARIO IGLESIAS por RELATOS
DANIEL MONZÓN por CELDA 211
DANIEL SÁNCHEZ ARÉVALO por GORDOS

MELLOR OBRA EXPERIMENTAL

AARÓN de MARCOS NINE BÚA
MEMORIA de PIXEL FILMS
A VIAXE de STABLE PRODUCCIONES AUDIOVISUALES
ZAPPING de FRANCISCO X. RODRÍGUEZ E MARTÍN VÁZQUEZ

MELLOR OBRA INTERACTIVA

O CAMIÑO DE SANTIAGO NA CORUÑA de PIXEL FILMS
CORUÑA MÁIS PRETO de ILUX VISUAL TECHNOLOGIES S.L.
QUOTIDIANIA DELIRANTE de CONTINENTAL PRODUCCIONES E COSTA OESTE PRODUCIÓNS

MELLOR OBRA PUBLICITARIA

MALOSERÁ!!! VIVAMOS COMO GALEGOS de CONGO PRODUCCIONES
SPOT: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE de MR MISTO FILMS
SPOT RIVER ESTRELLA GALICIA VETERANOS de MONDOTROPO S.L.
SPOT “SUPERSTICIÓNS” R.C. CELTA DE VIGO de ALÉN FILMES S.L.
 
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN

O COIDADOR DE GAT OS de ARTEFACTO PRODUCCIONES AUDIOVISUALES
A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA de RUBÉN COCA
NOUTURNIO DE CELANOVA de RAÚL GARCÍA PÉREZ
STOP EXPLOTACIÓN INFANTIL de ALÉN FILMES S.L.

MELLOR DOCUMENTAL

ALCAIÁN, O PRIMEIRO PARTIDO de ALÉN FILMES S.L. E ZOPILOTE S.L.
A MIRADA DE ANNA de ADIVINA PRODUCCIONES E ÁREA TV
MULLERES DA RAIA de DIANA GONÇALVES
O SEGREDO DA FROUXEIRA de EAF PRODUCIÓNS

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

COSER E CANTAR de CLAQUETA COQUETA, RUBÉN RIÓS E ALÉN FILMES
O ELIXIDO de CHEMA GAGINO
O NOVENO PRINCIPIO de IVÁN SEOANE
X NADA de FICCION PRODUCCIONES

MELLOR PELÍCULA PARA TV

O CLUB DA CALCETA de FICCIÓN PRODUCCIONES, DIAGONAL TV E TVG.
CONEXIÓN de CONTINENTAL PRODUCCIONES, STOPLINE FILMES E PRODIGIUS CINEMA.

MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

MARUXA MALLO: METADE ANXO, METADE MARISCO  de SECC E FILMANOVA S.L.
¿QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE?  de TIC TAC PRODUCCIONES, LAGARTO CINE, PÚCARA FILMS, CHULLACHAKI PRODUCCIONES, PATO FEO FILMS, TVZERO, COOPERATIVA ESTRELLA FILMS.
SEÑORA DE  de O RAIO VERDE E MEDIOS DIXITAIS S.L.
SIXTY TOLOS (A GOLPE DE SINGLE)  de CASA DE TOLOS S.L. E TVG.

MELLOR PROGRAMA DE TV

BOTARSE AO MONTE de BREN ENTERTAINMENT S.A
A CAIXA NEGRA  de FILMANOVA S.L.
MIRAXES  de TVG
ONDA CURTA  de TVG

MELLOR SERIE DE TV

MATALOBOS  de VOZ AUDIOVISUAL S.A.
O NORDÉS  de CTV E ZOPILOTE
PADRE CASARES  de VOZ AUDIOVISUAL S.A.

MELLOR LONGAMETRAXE

AGALLAS  de CONTINENTAL PRODUCCIONES, AGALLAS IAE, MUCHO RUIDO.
UN BÓ HOME  de MILOU FILMS S.L., TORNASOL FILMS S.L., CATASFIORE FILMS S.L., AGRUPACIÓN DE INTERÉS ECONÓMICO 002.
CELDA 211  de VACA FILMS, TELECINCO CINEMA E MORENA FILMS.
GORDOS  de FILMANOVA INVEST E TESELA PC.