No transcurso da rolda a Presidenta desvelou o nome do profesional que este ano recibirá o Premio de Honra Fernando Rey creado para recoñecer as traxectorias máis salientables no eido do audiovisual galego. Trátase do director artístico Suso Montero, pioneiro desta especialidade na Televisión de Galicia, xenial creador de infinidade de decorados para programas e series televisivas, así como para o cine e os escenarios teatrais.

 A Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, presentou esta mañá a listaxe de finalistas da sétima edición dos Premios Mestre Mateo 2008. Bouzas, acompañada por Paco Lodeiro, directivo da Academia, a súa xerente Marisela Lens, e Miguel Lorenzo, asesor xurídico da entidade, deron lectura pública en rolda de prensa aos sobres notariais cos resultados dos votos dos académicos. 

Os galardóns, que nos últimos anos experimentan un ascenso constante no número de participantes e de obras presentadas, contaron na presente edición coas candidaturas de 148 traballos para 12 categorías e de 465 profesionais para 16 categorías. O pasado ano, estas cifras foron de 121 traballos e 300 profesionais. 

No transcurso da rolda a Presidenta desvelou o nome do profesional que este ano recibirá o Premio de Honra Fernando Rey creado para recoñecer as traxectorias máis salientables no eido do audiovisual galego. Trátase do director artístico Suso Montero, pioneiro desta especialidade na Televisión de Galicia, xenial crador de infinidade de decorados para programas e series televisivas, así como para o cine e os escenarios teatrais. 

Finalmente, María Bouzas lembrou que este ano a cidade elixida para acoller a Gala dos Premios Mestre Mateo será Pontevedra, concretamente no seu Pazo da Cultura, o xoves 30 de abril. A dirección e guión do espectáculo corren a cargo de Jorge Coira e Carlos Portela, mentres que o cartel oficial dos Premios desta sétima edición foi deseñado por Miguel Álvarez ao igual que nas dúas últimas ocasións. 

A listaxe dos nomeados 

Os nomeados aos PMM 08 para cada unha das vinte e oito categorías son os seguintes: 

MELLOR LONGAMETRAXE 

“A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER” DE PERRO VERDE FILMS, IROKO FILMS. 

“OS MORTOS VAN A PRESA” DE ARTEMÁTICA, PERRO VERDE FILMS, SEMPRECINEMA PRODUCCIÓNS, VOZ AUDIOVISUAL, RESONANCIA POSTPRODUCCIÓN ROSP CORUNNA, PARTICIPACIONES EMPRESARIALES, CINEMATÓGRAFO FILMS. 

“PRADOLONGO” DE VÍA LÁCTEA FILMS. 

“UN CUENTO PARA OLIVIA” DE XAMALÚ FILMS.   

MELLOR LONGAMETRAXE ANIMACIÓN 

“A CRISE CARNÍVORA”, DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ABRAKAN ESTUDIO, SEMPRECINEMA DREAM. 

“ESPÍRITO DO BOSQUE” DE DYGRA FILMS. 

“PÉREZ 2, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS” DE FILMAX ANIMATION.  

MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL 

“ELOXIO DA DISTANCIA”, DE BREIN ENTERTAINMENT. 

“FLORES TRISTES” DE FORMATEO, PÓRTICO DE COMUNICACIONES, TIC TAC PRODUCCIONES. 

“MALTA RADIO” DE DOS TREINTA Y CINCO PC, SOCARRAT, MEDIAGRAMA, M.MENCHÓN. 

“MANUEL E ELISA” DE TIC TAC PRODUCCIONES, TVG.  

MELLOR PELÍCULA PARA TV  

“A MARIÑEIRA” DE FICCIÓN PRODUCCIONES, DIAGONAL TV, TELEVISIÓN DE GALICIA, TELEVISIÓN DE CATALUNYA. 

“LA BELLA OTERO” DE ZENIT TELEVISIÓN, JCC, GESTMUSIC. 

“O ESPELLO” DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, OBERÓN CINEMATOGRÁFICA. 

“O TESOURO” DE VACA FILMS, ESTRATEGIA AUDIOVISUAL, MORENA FILMS, LOMA BLANCA, EN COPRODUCIÓN CON CANAL SUR, TVG, TVC.  

MELLOR PROGRAMA DE TV 

“CIFRAS E LETRAS” DE CENTROÑA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS, CTV. 

“CRIATURAS” DE PÓRTICO DE COMUNICACIONES. 

“HAI QUE MOLLARSE” DE BREN ENTERTAINMENT. 

“LARPEIROS” DE PRODUCTORA FARO.  

MELLOR SERIE DE TV 

“AIR GALICIA” DE CTV, PRODUCCIÓNS ZOPILOTE. 

“OS ATLÁNTICOS” DE FILMANOVA. 

“PADRE CASARES” DE VOZ AUDIOVISUAL. 

“TERRAS DE ACOLÁ” DE PRODUCTORA FARO.    

MELLOR DOCUMENTAL 

“AFRANIO” DE ALÉN FILMS, TVG.

“CASÓN 1987” DE FILMANOVA. 

“OS NENOS DE MARÍA SOLIÑA” DE ALÉN FILMS. 

“VIVIR A DESTEMPO” DE ADIVINA PRODUCCIONES.  

MELLOR OBRA EXPERIMENTAL  

“NEMO, NOVO ENTRETEMENTO MÓBIL” DE ALÉN FILMS. 

“PARIS #1” DE OLIVER LAXE. 

“SIN SALIDA (NO WAY OUT)” DE ANDRÉS VICTORERO REY. 

“SOIDADE ^3” DE MARCOS NINE.  

MELLOR OBRA INTERACTIVA 

“É O VERBO” DE MR. MISTO FILMS. 

“E. L. E. (EVENTO LIGADO Á EXTINCIÓN)” DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ALIA 3D. 

“FLOCOS.TV” DE A NAVALLA SUIZA, AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA. 

“PARQUES DE GALICIA”, VOZ AUDIOVISUAL.  

MELLOR OBRA PUBLICITARIA 

“ARTESANÍA DE GALICIA” DE LÚA FILMS IACE. 

“CAMPAÑA ESTRELLA GALICIA ROBER BODEGAS” DE MONDOTROPO. 

“CAMPAÑA MOVISTAR NAVIDAD 08” DE DYGRA FILMS. 

“SANTIAGO É GRANDE” DE FICCIÓN PRODUCCIONES.  

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN 

“A PRINCESA ALEGRÍA” DE FICCIÓN PRODUCCIONES. 

“O CAZADOR” DE MATRIUSKA PRODUCCIONES. 

“MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO” DE RUBÉN COCA. 

“VELLAS” DE CARLOS PRADO PAMPÍN.  

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN 

“A MIÑA CASA É UN INFERNO” DE ALÉN FILMS. 

“HOMELESS, SEN TEITO” DE ALÉN FILMS.

“O PINTOR DE CEOS” DE JORGE MORAIS VALLE. 

“O SOLDADIÑO DE CHUMBO” DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ALGARABÍA ANIMACIÓN.  

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN 

ANA MÍGUEZ, ALFONSO BLANCO, POR “PADRE CASARES”. 

MAMEN QUINTAS, POR “A MARIÑEIRA”. 

MARÍA LIAÑO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

SUSANA PÉREZ, ZAIDA PORTOMEÑE, MARÍA SOTELO, MARA GONZÁLEZ, POR “FLORES TRISTES”.  

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA 

ALBERTO DÍAZ “BERTITXI”, POR PRADOLONGO. 

CARLOS VILAS, POR “PADRE CASARES”. 

SERGIO FRANCO RABUÑAL, POR “LIBRO DE FAMILIA”. 

SUSO BELLO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”.  

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA 

ANA MUÍÑO, FANI MOSQUERA, POR ”LIBRO DE FAMILIA”. 

MARTA PRATS, TRINI F. SILVA, POR “A MARIÑEIRA”. 

NATALIA ARCAY, BEATRIZ VÁZQUEZ, NOELIA ARCAY, POR “PADRE CASARES”. 

RAQUEL FIDALGO, ROSANA TEIJEIRO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”.  

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO 

ANA LÓPEZ, POR “A MARIÑEIRA”. 

MARÍA FANDIÑO, POR “LIBRO DE FAMILIA”. 

RUTH DÍAZ, JULIA RODRÍGUEZ, POR “PADRES CASARES”. 

SATURNA, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”.  

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA 

CURRU GARABAL, POR “A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER”. 

INÉS RODRÍGUEZ, POR “LIBRO DE FAMILIA”. 

MARTA VILLAR, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

SUSO MONTERO, POR “FLORES TRISTES”.

MELLOR MONTAXE 

GUILLERMO REPRESA, POR “PRADOLONGO”. 

JORGE COIRA, POR “EL MENOR DE LOS MALES”. 

MANU MAYO, POR “UN CUENTO PARA OLIVIA”. 

MERCEDES ALTÉD, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”.  

MELLOR SON 

CARLOS FARUOLO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

CARLOS MOURIÑO, POR “EL MENOR DE LOS MALES”. 

RUBÉN BERMÚDEZ, VÍCTOR SEIXO, POR “PADRE CASARES”. 

SON DO TAGALEM, POR “LIBRO DE FAMILIA”.  

MELLOR GUIÓN 

ALFONSO ZARAUZA, POR “A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER”. 

ÁNGEL DE LA CRUZ, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

CARLOS ARES, XOSÉ CASTRO, ANDRÉS MAHÍA, POR “AIR GALICIA”. 

CARLOS PORTELA, VÍCTOR SIERRA, ARACELI G. CABRERA, GEMA R. NEIRA, LIDIA FRAGA, POR “PADRE CASARES”.  

MELLOR MÚSICA ORIXINAL 

ARTURO KRESS, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

MANUEL RIVEIRO, POR “PADRE CASARES”. 

PITI SANZ, IVÁN LAXE, POR “A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER”. 

ZELTIA MONTES, POR “PRADOLONGO”.  

MELLOR DIRECCIÓN 

ALFONSO ZARAUZA, POR “A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER”. 

ÁNGEL DE LA CRUZ, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

IGNACIO VILAR, POR “PRADOLONGO”. 

MARTA PIÑEIRO, POR “LIBRO DE FAMILIA”.  

MELLOR REALIZACIÓN 

GISELLE LLANIO ROSABAL, POR “LIBRO DE FAMILIA”. 

JORGE COIRA, CARLOS SEDES, MANUEL ESPIÑEIRA, ALEX SAMPAYO, POR “PADRE CASARES”. 

JOSÉ VILLAVERDE, POR “AIR GALICIA”. 

XOSÉ ANTÓN MOURE, FRAN VELO, POR “HAI QUE MOLLARSE”.  

MELLOR COMUNICADOR DE TV 

ALEJANDRO MACÍAS, POR “CRIATURAS”. 

BELÉN REGUEIRA, POR “O PAÍS DOS ANANOS”. 

TETÉ DELGADO, POR “SON DE ESTRELAS 2”. 

XOSÉ LOIS BERNAL LÓPEZ “FARRUCO”, POR “VIVIR AQUÍ”.  

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA 

ANTONIO DURÁN “MORRIS”, POR “PADRE CASARES”. 

CHETE LERA, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

LUIS TOSAR, POR “A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER”. 

PEDRO ALONSO, POR “PADRE CASARES”.  

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA 

CAMILA BOSSA, POR “A MARIÑEIRA”. 

CARMEN MAURA, POR “EL MENOR DE LOS MALES”. 

NEUS ASENSI, POR “OS MOLRTOS VAN Á PRESA”. 

TAMARA CANOSA, POR “PRADOLONGO”.  

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO 

ANTONIO DURÁN “MORRIS”, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

ERNESTO CHAO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

TUTO VÁZQUEZ, POR “PADRE CASARES”. 

XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO”, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO 

BELÉN CONSTENLA, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

BERTA OJEA, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

MARÍA CASTRO, POR “OS MORTOS VAN Á PRESA”. 

ROSA ÁLVAREZ, POR “OS MORTOS VAN A PRESA”.

Suso Montero, Premio de Honra Fernando Rey 

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual aprobou conceder o Premio de Honra Fernando Rey 2008 ao director artístico Suso Montero en recoñecemento á súa traxectoria profesional como director artístico e prolífico decorador para televisión, cine e teatro. 

Formado na Escola de Artes e Oficios “Pablo Picasso” da Coruña, a xenialidade de Suso Montero púxose de manifesto dende a infancia. Daqueles anos son os singulares nacementos que cada tempo de Nadal montaba nun escaparate da tenda familiar no barrio coruñés dos Mallos, e as funcións teatrais de marionetas, que aínda perviven na memoria dos veciños. Como él mesmo recoñece, tivo a sorte de convertir en profesión o que comezou sendo un xogo de neno. 

Na súa carreira artística experimenta e traballa coa pintura, a fotografía e moi especialmente a escultura en cartón-pedra e fibra de vidro, chegando a crear personaxes e iconos que nos anos oitenta podíanse atopar en tiraxes limitadas en tendas de artesanía de toda Galicia. Axiña comeza tamén a construir decorados para cine e vídeo, sendo especialmente prolífico no eido da escenografía teatral, tanto na elaboración de carteis como decorados e figurinos. 

En 1987 deseña e pinta o seu primeiro decorado para Televisión de Galicia para o programa “A toda máquina”, ao que seguiría unha amplísima listaxe que continúa a medrar na actualidade. O seu nome como director artístico ou deseñador de decorados figura nos créditos de producións que forman parte da historia da TVG, como “Servicio de urxencias” (1988), a primeira serie de ficción televisiva producida na TVG, a mediametraxe “O Tesouro” (1997), o programa musical “Chambo” (1999), a serie “Mareas Vivas” (1998-2004), ou os programas “Super Martes” (1996-99-01-03), “Luar” (1993-94-95-00-05-07) e “Xabarín” (1997-99). Así mesmo, é o autor dos decorados de innumerables galas e entregas de premios para televisión e diferentes produtoras galegas. Destacan especialmente os seus traballos en espazos naturais, baixo árbores ou, aínda máis espectacular e nunca feito nunha televisión, sobre o mar, como foi o caso do musical  “Mar a mar” (1991) gravado íntegramente sobre unha batea na Illa da Toxa. 

Ata a data, Suso Montero é autor de 183 decorados de televisión, 35 de teatro, 9 de cine e 15 noutros espazos. Do seu traballo no cine resalta o que realizou para o filme “O lápis do carpinteiro” (2001) e “A noiva de media noite” (1997), mentres que no xénero teatral cómpre salientar os seus deseños na obra “Batea”(1990). 

Resumo do seu traballo 

Pintura: 

Exposición colectiva de pintura,  Concello da Coruña (1972) e colectiva de fotografía     (Librería Lume, A Coruña, 1976). 

Instalacións en cartón-pedra: 

1984

- “Cartonesdomésticos”, Populart (Barcelona).

-  “Fruta do tempo”, U.I.M.P. (Kiosco Alfonso, A Coruña).

- “Art.Ño” (Galeria Finisterre, A Coruña).1988

- “Cartón” (Museo Etnográfico de Ribadavia).

- “Mostra Nacional de Cartón Pedra” (Laracha, A Coruña).

- “Escaladores”, U.I.M.P. (San Andrés, A Coruña). 

Cine: 

*   Super-8: Documentais sobre o Entroido de Galicia entre 1976 e 1981. Dúas curtas: “El 76″ e “La rebelión de las pulgas”.

*   16 mm: Decorados para “Tacón”, de Xavier Villaverde, e “Reflexos”, de Carlos Amil.

*   35 mm: Decorados de “O Cadaleito”, de Enrique Baixeras.

*   35 mm: Decorados de “Dame lume”, de Hector Carré‚, 1993.

*   35 mm: Dirección artística de “O Contador”, de Manuel Abad, 1994.

*   16 mm: Decorados de “A Noite Meiga” (animación plastilina), 1996.

*   35 mm: “A noiva de media noite”, de Antonio Simón, 1997.

*   35mm: Axudante de dirección artística en “O lápis do carpintero”, de Antón Reixa, 2001 

Vídeo: 

*   Dirección de “Cartonpedra”.

*   Guión e ambientación de “Lixeiras”, en colaboración con Xavier Villaverde.

*   Dirección artística de “La matanza sangrienta de los Garrulos Lisérgicos”, Antonio Blanco, de   Video Vil (1993).

*   Dirección artística de ¨O Tesouro¨, Televisión de Galicia.

*  Dirección artística da teleserie “Mareas Vivas”, Grupo Voz. 1998.

*   Dirección artística do documental “Flores tristes”, Manuel Abad. 2007

*   Dirección, montaxe e produción do documental en vídeo “Dónde está la casa de mi amigo”2008-09 

Teatro: 

* Realización de carteis, figurinos e decorados en: 

-  “Informe para unha Academia” (1983), de F. Kafka, monólogo interpretado por Manuel Manquiña e dirixido por Suso Medal (Troula).

- “Almas perdidas” (1987), de Xosé Carlos Cermeño, dirixido por Santiago Montenegro (Centro Dramático Galego).

- “Moleques” (1989), escrita y dirixida por Marcos Orsi, producida por Ollomol Teatro Submarino.

- “Solos, perdidos y viciosos”, de Antonio Blanco, por Manuel Manquiña e Juan Esteban “Juanillo” (1992).

-  Decorado, vestiario e deseño gráfico “Comedia”, dirixida por Cándido Pazó, Ollomol-Tranvía (1993).

- “A matanza do Seixas”, dirixida por Santiago Montenegro (1993).

-  Decorado, vestiario e diseño gráfico para “O Rei Nu” (1995), Ollomol-Tranvia, dirección de  Cándido Pazó-        

 - Vestiario de “Siniestro Total”, Xira 1996.

- Decorado e cartel para “Ladraremos” de Gustavo Pernas, Ancora Producións.

- “Escola de Bufóns”, (1996), director Fabio Mangolini, Ollomol-Tranvía.

- “De fábula” (2005), Artello Teatro alla escala 1:5

- “Polgariño” (2008),   Artello Teatro alla escala 1:5  

Televisión: 

* Decorados para os seguintes programas de TVG. 

- “A toda máquina” (1987), de Xaime Fandiño.

- “Corazonada” (1989), de Xosé Ramón Gayoso.

-“Radio Onte” (1990), por Suso Iglesias.

- “Unha de romanos” (1991), de Xaime Fandiño.

- “Mar a mar” (1991), musical de verán para todas as televisións autonómicas, realizado por Manuel Abad.

- “Luar” (1993/94/95/00).

- “Vas dado”, Concurso de “Xabarín Club” (1994), de Suso Iglesias.

- Decorados “Telexornal” (Informativos) 1990-95 e 1998-2000

- “Premios Galicia Comunicación” 1996-2004

- “Premios Gastronomía”, 1997-2003

- Dirección artística da teleserie “Mareas Vivas”, Grupo Voz. 1998

- “Xaba-Xira”, TVG, 1998 – 99

- “Xaba-Natura” ,1998 – 99.

- “Chambo tv” (1999), de Xaime Fandiño.

- Presentación da Páxina Web de TVG. (Hostal dos Reis Católicos, 2001).

- Galas de Verán TVG. 2002-03

- Super Martes CTV. 1996/99/2001/03

- “Mañá será outro día” CTV (Zopilote) 2003

- Premios Mestre Mateo. Academia Galega do audiovisual, TVG 2003-04

- Galas “Premios Gallego del Año”, El Correo Gallego.2003-05

- O Show dos Tonechos , TVG 2005-07

- Tonechos sitcom Prodher, TVG 2005

- “Libro aberto”, 2005

- “Somos unha potencia”, Filmanova 2005

- Gala homenaxe a Xosé.Afonso , TVG 2007

-Especial “Entrega medalla Xunta de Galicia” nos xardíns de Bonaval, TVG 2007 

Locais públicos e outros: 

- Pub Taberna: “Viva Zapata” (1996), Vigo.

- “Cabaliño do demo” (1997), restaurante vexetariano de Santiago. 

Premios: 

1981    Medalla de Ouro da Feira Internacional de Artesanía de Munich (Alemania).1

985      Deseño artesanal da Consellería de Industria e Traballo, Xunta de Galicia.

1997    María Casares, mellor vestiario por “Escola de Bufóns”.

1998    AGAPI, mellor vestiario por “A noiva de media noite”.    

Máis información:

Gemma Castiñeira. Prensa

Telf.- 616 219 610                  

Academia Galega do Audiovisual