O vindeiro luns, 14 de marzo, a Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer os nomes das obras e candidatos finalistas aos premios Mestre Mateo, que este ano cumpren a súa décimocuarta edición. Trala primeira rolda de votacións, os membros da AGA escolleron catro nomeados en cada unha das 25 categorías dos galardóns. Unha vez coñecidos os nomeados en cada categoría, os socios da AGA escollerán de novo e o resultado desa votación coñecerase na gala dos Mestre Mateo que este ano se celebrará no Pazo da Ópera da Coruña o día 23 de abril.

 

Cando: Luns, 14 de marzo de 2016. 12.30 horas.

Onde: Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela

Que: Lectura dos nomeados finalistas en todas as categorías dos premios Mestre Mateo

Quen: A actriz Mabel Rivera e o actor Antonio Durán Morris, xunto co presidente da Academia, Carlos Ares.

 

Máis información dos premioshttps://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/

 

Calendario de Actividades dos premios Mestre Mateo

Lectura dos nomeados. Luns, 14 de marzo. 12.30. Salón Teatro. Santiago

Encontros Mestre Mateo. Entre o 27 de marzo ao 7 de abril en centros de ensino relacionados co audiovisual.

Xuntanza de nomeados. Venres, 15 de abril. 17.00. Finca El Cenador. Cambre. (Darase a coñecer o premio de honra e os detalles da gala)

Gala dos Mestre Mateo. 23 de abril. Pazo da Ópera. A Coruña