A Academia Galega do Audiovisual ven de asinar un convenio de colaboración coa Universidade Europea de Madrid que ten por obxecto facilitar o acceso dos seus socios á oferta formativa desta universidade, concretamente aos graos en Comunicación Audiovisual e Multimedia e o Grado en Comunicación Publicitaria, aplicando un desconto do 15% sobre o custe dos créditos dos graos mencionados.

Ditos graos están orientados a profesionais do medio coa posibilidade de convalidar asignaturas pola experiencia profesional e polo tanto acadar a titulación en 2 anos aproximadamente.

Este Plan para Profesionais ofrécese nun horario especial intensivo, os venres pola tarde e os sábados de mañá e de tarde segundo o convenio de colaboración que a Universidade Europea de Madrid ten asinado coa Escola de Imaxe e Son de Vigo. Tres de cada catro fins de semana do mes as clases impartiranse en Vigo e un fin de semana en Madrid.

Dado que o curso académico iniciarase a primerios de outubro será necesario que as solicitudes sexan enviadas coa maior brevidade posible ao mail beatriz.gonzalez@uem.es á atención de Beatriz González, Delegada en Galicia.

Para máis información consultar chamando aos números 981 227 701 e 981 208 393.