537 PITCHINGS E 77 ENCONTROS TIVERON LUGAR NO EAVE CELEBRADO EN COMPOSTELA, CUN IMPORTANTE ÉXITO PARA O GRUPO ESPAÑOL

9 / 11 / 2005

Un total de 537 pitchings entre decission makers e os 51 Produtores que participaron no EAVE –Programa Media da Unión Europea en Santiago- son os que se levaron a cabo ó longo da derradeira Sesión celebrada no Convento de San Francisco de Santiago, ademais de 77 encontros que os expertos do Eave mantiveron con eles. O balance resultou moi positivo a xuízo da Academia Galega do Audiovisual, quen tivo a iniciativa de traer a Galicia este evento de gran transcendencia internacional, e que contou coa inestimable colaboración do coordinador internacional do Eave, Enrique Nicanor. Realizáronse importantes avances para os profesionais do audiovisual galego, que foron boa parte dos participantes, que visitaron tamén a caseta de Santiago Film Commission que ofrecía a suficiente información turística e sobre as rodaxes cinematográficas na cidade compostelá.
537 PITCHINGS E 77 ENCONTROS TIVERON LUGAR NO EAVE CELEBRADO EN COMPOSTELA, CUN IMPORTANTE ÉXITO PARA O GRUPO ESPAÑOL

No Plenario sobre Mercados Internacionais participaron relevantes figuras do audiovisual internacional

Un total de 537 pitchings entre decission makers e os 51 Produtores que participaron no EAVE –Programa Media da Unión Europea en Santiago- son os que se levaron a cabo ó longo da derradeira Sesión celebrada no Convento de San Francisco de Santiago, ademais de 77 encontros que os expertos do Eave mantiveron con eles. O balance resultou moi positivo a xuízo da Academia Galega do Audiovisual, quen tivo a iniciativa de traer a Galicia este evento de gran transcendencia internacional, e que contou coa inestimable colaboración do coordinador internacional do Eave, Enrique Nicanor. Realizáronse importantes avances para os profesionais do audiovisual galego, que foron boa parte dos participantes, que visitaron tamén a caseta de Santiago Film Commission que ofrecía a suficiente información turística e sobre as rodaxes cinematográficas na cidade compostelá.

Participaron un total de 33 decission makers (como Martin Pieper, de ZDF/ARTE, Emma Clarke de Film Commission de Reino Unido, e Sue Bruce-Smith de Channel 4 Television). Entre os decision españois estiveron Simón de Santiago (de Sogecine & Sogepaq), e Dolores Marín (de Vendas e Coproduccións de TVG), Emílio González (de DOCUMANÍA) e José Ramón Vázquez (TVE). Estes encontros cos decission makers reciben o nome de ‘sesións de pitchings’, que son as máis didácticas á hora de aprender a vender os produtos, anque non faltaron tampouco outro tipo de encontros, citas e entrevistas cos máis importantes representantes europeos por parte dos produtores galegos presentes, e que poideron amosar os produtos audiovisuais do noso país: estes encontros son, para Enrique Nicanor, “os pitchings reais”.

A asistencia para o Grupo Español tivo moito éxito, segundo a Academia Galega do Audiovisual, na medida en que se promoveu a participación de produtores galegos e españoles neste terceiro workshop Eave, o chamado Grupo E, que logrou ter interacción cos demais participantes e, principalmente, cos decission Makers. A Academia elaborara un catálogo cos proxectos españois -11 en total-, co que un primeiro contacto cos demais participants europeos do Eave resultou moito máis doado. Estes participantes tiñan o seu propio catálogo: o chamado Red Book, o libro bermello.

As sesións cinematográficas

Antes de que se desen cita as sesións de traballo propiamente ditas, o Eave comezou a derradeira sesión con distintas proxeccións cinematográficas: Whale Rider foi empregada como exemplo no Seminario sobre Marketing, presentado pola experta inglesa Fiona Mitchell; tamén a película In a Soldier’s Footsteps foi base de traballo para o seminario sobre a produción, xestión e finanzamento dos documentais.

Mar Adentro e Soño dunha noite de San Xoan, foron tamén proxeccións que tiveron lugar nas noites do Eave, e non faltaron intervencións ó remate das mesmas, de profesionais galegos como Antón Reixa, Ángel de la Cruz, e outros como Simón de Santiago –de Sogecine-, o actor galego Tamar Novas, ou Tania Pinto da Cunha, quen xunto con Ángel de la Cruz, falaron sobre o primeiro proxecto de imaxe real que Dygra Films ten preparado, Los muertos van deprisa, que esta produtora incluíu no catálogo do grupo Español dos participantes no Eave.

O plenario sobre Mercados Internacionais

Foi o 28 de outubro cando se celebrou este Plenario co Panel International co-production martkets, no que participaron Mr Jérôme Paillard, Cannes Film Market/The Producers’ Network, Ms Nadia Dresdi, Locarno Industry Office/Open Doors, Ms Amra Baksic-Camo, Cinelink Sarajevo, Ms Marit Van den Elshout, CineMart Rotterdam, Ms Linda Beath, Crossroads/Thessaloniki International Film Festival.

O Grupo español

O Grupo Español recibíu a visita de expertos EAVE nalgunhas sesóns de traballo, como a charla con Sibylle Kurz, especialista en entrenamento de pitching neste Programa. E o día 30, derradeiro día, celebráronse varios actos: dende a entrega de Diplomas que Enrique Nicanor, a xerente da A.G.A. Mamen Quintas e Catherine Buresi –xefa executiva que este ano remata o seu traballo no Eave despois de catro anos de entrega-, ou a gradación de participantes. Esta correu a cargo do Xefe de Estudos do eave, Alan Fountain, que abríu a súa intervención agradecendo tanto a hospitalidade dos galegos, como o traballo de Enrique Nicanor e a propia Academia Galega do Audiovisual, pola boa organización de todo o workshop, e a oportunidade de ter nesta terceira tenda de traballo un quinto grupo formado polos participantes locais.

O ambiente Eave percorreu Compostela

Ademais do Convento de San Francisco no que se centraban as sesións de traballo, outros escenarios acolleron ós asistentes a estas sesións: cócteles e ceas fóra do Convento, e unha gran festa de remate, serviron para que a xente se divertise, pero sen perder o tempo, porque nelas tamén se celebraban encontros e contactos de traballo.

No cóctel celebrado no Claustro de Cristal do Convento, participaron a conselleira de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo; o director da TVG Xesús Iglesias, o alcalde de Santiago Xosé Bugallo, ou o presidente da A.G.A., Manolo Gómez.

A Chocolatería foi o espazo lúdico-cultural que quizais máis sorprendeu ós 140 asistentes ó Eave, pero non se quedou atrás o restaurante O Dezaseis, no que souberon os visitantes o sabor da mellor cociña galega, e por suposto, o da queimada, acompañada do Exconxuro tradicional. Como non podía ser doutro xeito, lugars como El Momo acolleron ata altas horas do amencer ós participantes que, non se pode negar, souberon despedir o intenso traballo nun ambiente de amizade e compañeirismo.

Categoría: Novas
Etiquetas: