O 17OUFF PROGRAMA MÁIS DE 30 TÍTULOS NOS CICLOS TEMÁTICOS FÓRA DE COMPETICIÓN

22 / 10 / 2012

O 17OUFF segue a destapar a súa programación, desta vez cos filmes que integran a sección Ciclos Temáticos fóra de competición. A imposibilidade de abarcar na sección oficial toda a riqueza da produción cinematográfica internacional lévanos a artellar un total de 31 títulos en ciclos paralelos. Ademáis de Panorama Galiza, onde poderemos dar conta da actualidade do audiovisual galego, tamén contaremos cos clásicos América Latina, Europa e Comedia, este último cunha excelente acollida no pasado festival. Os ciclos irán estruturados en sesións nas que se mesturarán longas, documentais e curtametraxes (de imaxe real e de animación) para ofrecer así un mosaico do presente do audiovisual galego, estatal e internacional.

AMÉRICA LATINA

O novo cine americano mira de fronte á realidade cunha linguaxe propia, moderna e reflexiva, pero asumindo novos riscos narrativos e estilísticos sen perder os seus sinais vitais, como ese realismo máxico do seu ADN cinematográfico.

EUROPA

Sendo a de competición unha sección de longametraxes de ficción, o OUFF devólvelle o protagonismo que merecen a documentais e curtametraxes.
Igualmente, cómpre descubrirlle ao público as últimas tendencias do sector audiovisual europeo.

COMEDIA

Un xénero necesario, saudable e, coa actualidade como vén, catártico e terapéutico. Malia que os festivais de cine somos reacios a incluir comedias nas nosas seccións oficiais, non quixemos pasar por alto a oportunidade de facerlle pasar un bo rato ao noso público.

PANORAMA GALIZA

Audiovisual galego e o OUFF camiñan da man desde 1996 sendo testemuñas e partícipes do desenvolvemento e consolidación mutua no panorama nacional e internacional. Ourense sempre quixo e quere seguir sendo o referente e escaparate promocional da produción galega coa senlleira sección:

S1 | Avión + O sapateiro
S2 | A pesar de todo, quérote + El club del bromista
S3 | Morreu o demo, acabouse a peseta + O xigante
S4 | N-VI
S5 | Personal Movie

Categoría: Novas
Etiquetas: