Coloquio con Natalia de Molina

A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade dun achegamento audiovisual e cultural entre ambas entidades, tal e como xa se estableceu en 2010 coa Académia del Cinema Català. Froito da colaboración entre a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e a Academia Galega do Audiovisual, o 12 de decembro de 2014 recibimos en Galicia á premiada co Goya á Mellor Actriz Revelación do mesmo ano, Natalia de Molina, para un coloquio cos asistentes ás 18.30h ao Auditorio do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa. Trala proxección do filme “Vivir es fácil con los ojos cerrados”, escrita e dirixida por David Trueba, comezou o coloquio coa actriz desta brillante película, seleccionada para representar a España nos Óscar á mellor longa de fala non inglesa. A charla estivo moderada pola xornalista e vogal da Xunta Directiva da

PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO

Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional. Froito desta colaboración, de novo en 2013 as obras audiovisuais gañadoras na XI edición dos Premios Mestre Mateo chegaron un ano máis a Madrid para ser exhibidos na sede da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Os pases das diferentes obras tiveron lugar o xoves 9 e o venres 10 de maio. Comezouse coa exhibición o día 9 de “O xigante” (gañadora na categoría de curta de animación” e continuou co documental gañador “100%CEF”. Para rematar, o día 10 pasouse a curta de imaxe real gañadora “Conversa cunha muller morta” e a longametraxe triunfadora desta edición dos Premios Mestre Mateo “O

COLOQUIO CON JOSEFINA MOLINA

A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade dun achegamento audiovisual e cultural entre ambas entidades, tal e como xa se estableceu en 2010 coa Académia del Cinema Català. Froito desta colaboración, neste ano 2012, as obras audiovisual gañadoras nos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” viaxaron a Madrid en xullo para seren proxectadas e dadas a coñecer entre o público madrileño. A cambio, no mes de febreiro recibimos en Galicia á Goya de Honor desa edición, a cineasta Josefina Molina, colaborando deste xeito na homenaxe que este ano lle rendeu o cine español. O 24 de febreiro de 2012, tras recibir o Goya de Honra na gala dos Goya, a directora de cine Josefina Molina visitou A Coruña. Trala proxección do seu filme “Esquilache”, adaptación da novela “Un soñador para un pueblo” de Antonio Buero Vallejo, os asistentes lle