
Foro Academia Aberta 2015
No 2015 a Academia Galega do Audiovisual adica o seu Foro Academia Aberta aos efectos dixitais. Así, os días 1 e 2 de outubro de 16.30 a 20.30h a Fundación Luís Seoane de A Coruña acollerá as masterclasses de Juan Pedro de Gaspar e Isidro Jiménez. Juan Pedro de Gaspar Deseñador de produción que conta entre a súa filmografía películas como "Green zone" de Paul Greengrass, "Sipi y Zape" de Óscar Santos, "También la lluvia" de Icíar Bollaín", "Extinction" de Miguel Ángel Vivas, ou "Black Thorn" de Mateo Gil, pola que conseguíu un Goya. Isidro Jiménez Supervisor e coordinador de VFX do grupo Telson, encargados de efectos dixitais de películas como "Ma ma" de J. Medem, "Cien años de perdón" de Daniel Calparsoro, "Los últimos días" de Áles Pastor ou "El desconocido" de Dani de la Torre. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro martes, día 29 de setembro. Para calquera dúbida o pregunta, podedes poñervos en contacto coa oficina da

XIII Premios Mestre Mateo
En 2015 celebrouse a XIII edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, cuxo cumio foi a gala celebrada o 11 de abril no Auditorio Gaviota de Palexco en A Coruña. Novamente celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector e das obras nas que participaron. Coma tódolos anos, o proceso comezou coa apertura do prazo de presentación de profesionais e producións estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. En novembro e durante os primeiros días de decembro tódalas produtoras e persoas físicas con dereitos sobre as obras achegaron a documentación necesaria para incluír as súas obras e aos traballadores das mesmas nas categorías que se ofertaron nesta XIII edición dos premios. Coma novidade, enviouse un listado coas obras presentadas no prazo de recepción de candidaturas aos socios e socias para que, se observaban a falta dalgunha produción a inscribisen ou nola comunicasen para poñernos en contacto coa