Cineclube. Novos Programadores de Cinema Galego

Un obradoiro para descubrir e ver o mellor cinema feito en Galicia, aprendendo a diferenciar os seus aspectos máis destacados. Os rapaces e rapazas asistentes seleccionarán unha serie de curtametraxes para, ao final de curso, programar unha sesión pública de cine.

Durante o obradoiro exercítase a creatividade, a escritura de textos breves, apréndese a facer presentacións públicas e foméntase a educación en valores a través das películas.

Dirixido a alumnado infantil e xuvenil que desexe explorar a súa paixón polo cinema desde unha perspectiva persoal para despois compartila co público. Programar unha sesión de cinema consiste non só en organizar unha serie de pezas audiovisuais para seren proxectadas públicamente. O traballo de programación implica visionar as películas con atención, coñecer o traballo dos cineastas, pensar no público ao que se dirixen e o xeito de comunicarse con el.

Ao longo do obradoiro de Cineclube.Novos Programadores de Cinema Galego un profesional da programación de cinema será o encargado de acompañar ao alumnado nas labores de visionado, debates e selección de obras que formarán parte da proxección pública que terá lugar a finais de curso. Así mesmo tamén axudará a mozas e mozos participantes na planificación, produción e presentación deste evento.

XVI PREMIOS MESTRE MATEO. PHOTOCALL 03/03/18
MARCOS NINE

Cineasta, guionista e docente. É o director artístico e programador do Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Crianza.

Jorge Rivero
JORGE RIVERO

Director e programador do Festival Internacional de Curtas Infantís de Galicia, PequeFilmes. Actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña e do CEIPP O Camiño Inglés de Sigüeiro (A Coruña). Máis información no correo info@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no teléfono 981 227 701.

Categoría: 2019 / Formación