Convocatoria anuncio de finalistas Mestre Mateo 2015

6 / 03 / 2015

Lugar: Auditorio Abanca. Rúa Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela
Hora: 12.30
Día: Martes, 10 de marzo de 2015
Participipantes:     Jorge Coira, Vicepresidente da AGA
Mercedes Castro, actriz e presentadora
Ricardo de Barreiro, actor e presentador

A Academia Galega do Audiovisual celebrará o vindeiro martes a primeira das citas dos premios Mestre Mateo. A Academia dará a coñecer os candidatos en todas as categorías dos premios que repasan e valoran a actividade audiovisual galega do ano pasado.

Nun acto guíado polos intérpretes Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro, a Academia Galega do Audiovisual fará públicos os finalistas nas 25 categorías que se contarán nesta decimoterceira edicións dos premios.

A esta primeira fase dos Premios Mestre Mateo optan un total de 111 obras estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. Destas producións, 11 son longametraxes (3 de animación), 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips.

Este ano a Academia Galega do Audiovisual iniciou un novo sistema de votación que permite aos socios votar en liña. Este sistema, utilizado xa para a elección dos finalistas que se dará a coñecer o martes próximo, será tamén o que se utilice para a elección dos gañadores que se dará a coñecer na gala dos Mestre Mateo que terá lugar no vindeiro mes de abril.

Comunicación Premios Mestre Mateo 2015
Camilo Franco | Sonia Díaz
prensa@academiagalegadoaudiovisual.gal
609 88 02 39 | 679 965 692

www.academiagalegadoaudiovisual.gal
twitter.com/AcademiaGalegaA
facebook.com/AcademiaGalegaA
flickr.com/academiagalegadoaudiovisual