CONCURSO DE CURTAS “TRIPOMANT NA CIDADE”

3 / 06 / 2011

Tripomant na cidade é unha das actividades que se propón coma complemento da 5ª edición do ciclo de cine CineCidade organizado por k2c arquitectas coa colaboración da empresa de aislamentos Tripoman (Padreiro S.L.) e a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Trátase dun concurso de curtas co que pretenden obter pinceladas das formas de vida que se desenvolven nas cidades actuais. O obxecto é a selección dunha curta na que se conte unha experiencia urbana, documental, de ficción ou animación, nun máximo de 10 minutos e no que ademais saia dalgunha maneira reflexada a empresa tripomant (nome, produtos, características, o que se ocorra…)

As curtas que resulten seleccionadas e/ou gañadoras deberán responder a ambos obxectivos: mostrar unha experiencia urbana e a aparición de Tripomant.  

Participantes: todos aqueles que o desexen: nenos, rapaces e non tan rapaces, individual ou en grupo

Inscrición: Non é precisa inscrición previa, bastando para ser admitido a concurso a presentación do ou dos vídeos no prazo indicado nestas bases.

Requisitos: oentorno no que se desenvolva a acción deberá ser urbano e ademais xa sexa na trama, no audio ou nas imaxes debe aparecer reflexada a empresa Tripomant

Presentación dos traballos: o prazo de entrega finalizará ás 24h do 31 de agosto de 2011. Ademais comunicarase mediante e-mail a cinecidade@coag.es a data de salida da expedición e o medio de transporte.

Xurado: representante do Comité Organizador de CineCidade-k2c arquitectas; representante de tripomant (Padreiro, S.L.); representante dodepartamento de marketing de Padreiro, S.L.; representante da delegación de Santiago del COAG; voto do público a través de internet

Data límite para o fallo do xurado: 20 de setembro de 2011

Premios: primer permio tripomant –1500 euros; segundo premio tripomant – 1000 euros; premio do público – 500 euros. As curtas premiadas estrearanse en Santiago de Compostela durante a semana do 3 ao 7 de outubro dentro da edición 5.0 de CineCidade. Unhas elección das curtas non gañadoras que se axusten ás bases estrearanse así mesmo durante a semana do ciclo en Santiago de Compostela.

Consultas e aclaracións: por escrito vía e-mail, dirixidas ao Comité Organizador de CineCidade á dirección cinecidade@coag.es

Consulta das bases legais: www.tripomantnacidade.com;

     http://www.k2c-arquitectas.com/cineci/cortos.php

     www.tripomant.es

    http://www.coag.es/websantiago/index.htm

 

Categoría: Novas
Etiquetas: