…DESEÑANDO AOS ESMORGANTES DE IGNACIO VILAR

27 / 10 / 2015

Cando recibín a chamada de Ignacio para crear o vestiario de A Esmorga tiven varios sentimentos encontrados: por unha banda, a ilusión de poder participar nun proxecto tan interesante, e por outra, respecto pola responsabilidade de deseñar unhas persoaxes que tantas veces estiveron no subconsciente de cada galego ao ler a novela de Blanco Amor.

 

                                    RODAJE PELICULA A ESMORGA EN  VILAMOR                                                                         RODAJE A ESMORGA EN CARBALLIÑO

 

O proceso de preprodución foi moi intenso, traballando conxuntamente co director, o director de fotografía e os propios actores que conforme ían creando as personaxes ían xurdindo necesidades e ideas.

 

As prendas dos tres esmorgantes foron confeccionadas, facendo ata cinco réplicas de cada prenda, para poder mollalas e manchalas dependendo do momento da película. A chuvia, natural e artificial, foi unha grande axuda para transportarnos ao ambiente de desacougo e frialdade da novela. Todo un reto para o noso equipo nas xornadas de rodaxe, intentar manter aos actores mollados e quentes no frío inverno ourensán foi toda unha aventura.

 

O traballo de documentación pasou pola visita ao Arquivo Pacheco de Vigo, ao Museo do Pobo Galego en Compostela, e tamén búsquedas en vellos albúmes da parte da miña familia que procede da zona de Ourense. Pero unha gran axuda viu de parte do meu avó Basilio, que foi canteiro en Castromao, perto de Ourense, nos anos 50. Falamos das zocas de Cibrán, dotecido da “chamarga” de Bocas oudo traxe que levaría un sastre como Milhomes. Foi unha maneira de materializar e facer máis real toda esa documentación gráfica.

 

 

 

 

 

Da realización dos figurines foron xurdindo novos camiños, ideas e cambios de tecidos, cores, detalles…pero ao final a esencia que debía mostrar cada un dos tres quedou plasmada.

milhomes_dsg                                    cibran_dsg bocas_dsg

É un traballo do que me sinto especialmente orgullosa. Polo significado que tivo o traballo co meu avó, pola dificultade que entrañaba un vestiario único que debía sufrir tantas modificacións conforme avanzaba a película, e pola dureza da rodaxe que fixo, que por momentos, nos sentísemos dentro da propia Esmorga.