ExpOtaku, un evento centrado no mundo do manga, do ánime e, en xeral, da cultura xaponesa, iniciou a súa xira 2012 en Sabadell en febreiro pasado. Do 25 ao 27 de maio terá lugar en A Coruña, no Recinto Ferial ExpoCoruña, onde programará un centenar de actividades.

No ExpOtaku de A Coruña, cidade na que este Salón de Manga recala por terceira vez, os asistentes poderán participar en máis de 100 actividades. Este ano celebrarase o 35º aniversario de Star Wars, da man de Tropa Korriban, con diversas iniciativas, incluíndo unha exposición de pezas de coleccionista, unha conferencia ou unha gimkana. Ademais, tódolos días poderase xogar a múltiples videoxogos, competir en torneos, participar en obradoiros ou no tradicional concurso de cosplay, ver actuacións, ou asistir a conferencias, exhibicións ou presentacións, entre outras propostas.

Tamén haberá espazo no ExpOtaku para as proxeccións, cun ciclo de cine anime no que se exhibirán clásicos como The Sky Crawlers, Colorful e Millennium Actress. Así mesmo, poderase desfrutar dun ciclo de cine surcoreano que se abrirá no CGAI con The Yellow Sea, e que tamén incluirá outros filmes como Encontré al diablo e Mother. Ademais, haberá un concurso de curtas frikis. Como acto inaugural, o venres 25 de maio ExpOtaku iluminará o ceo de A Coruña liberando 100 farolillos voadores. Os organizadores esperan que este ano poidan visitar o Salón de Manga arredor de 6.000 persoas.