A produtora coruñesa Continental Producciones e a catalana Dream Team Concept, en coprodución con Televisión de Galicia (TVG) e Televisión de Catalunya (TV3), comezan este luns 28 de maio de 2012 a rodaxe de Salgadura.

Unha miniserie de época de dous capítulos que narra a odisea dunha familia de pioneiros cataláns e galegos embarcados nunha das maiores aventuras industriais de Galicia. Unha saga familiar na que cada un dos seus protagonistas vése envolto nunha apaixoante historia de ambicións e pasións durante o final do século XVIII e o século XIX. 

“Salgadura” conta no seu reparto con algúns dos mellores actores e actrices do panorama audiovisual galego como Luis Iglesia, María Castro, Luis Zahera ou Belén Constenla entre outros.

 

Storyline:

 

A mediados do século XIX un mozo catalán de Blanes é enviado a Galicia para xestionar unha pequena salgadura, propiedade dun de tantos cataláns que se instalaron alí buscando as sardiñas que desapareceron do Mediterráneo.


Un desengano amoroso moi doloroso, así como as circunstancias políticas, farán que quede toda a vida e que acabe montando a súa propia salgadura.
O seu fillo maior terá que loitar tanto como o pai, pero esta vez o obxectivo será transformar o negocio artesanal da salgadura na que será o motor industrial da Galicia do século XX: a conserva de peixe.

Inspirada libremente en feitos reais.