VI Encontro de Academias de Cine

23 / 11 / 2022

A Academia Galega do Audiovisual participou no VI Encontro de Academias de Cine celebrado no marco do Festival Internacional de Cine de Almería (FICAL) e contou coa participación da Academia del Cine Aragonés, a Acadèmia del Cinema Català, a Academia del Cine Asturiano, a Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual e a Academia de Cine de Andalucía, que actuou como anfitrioa.

Á inauguración, na que interviñeron Enrique Iznaola, director de FICAL, e Marta Velasco, presidenta da Academia de Cine de Andalucía, seguírona diversas reunións e mesas de traballo que propiciaron o intercambio de experiencias entre os diversos territorios representados.

VI Encontro de Academias de Cine.

Na xornada do 19 de novembro as persoas representantes das Academias asistiron á inauguración dun monolito que acreditaba ao deserto de Tabernas como ‘Tesouro Cinematográfico Europeo’. No acto estivo presente Antonio Saura, representante da Academia do Cine Europeo (EFA), entidade que concede esta distinción.

Acreditación do deserto de Tabernas como ‘Tesouro Cinematográfico Europeo’.

Un recoñecemento ás máis de 300 películas rodadas neste espazo singular da provincia de Almería entre 1950 e 2020, especialmente polos seus escenarios naturais nos que se fimaron multitude de spaguetti western nos anos 60 e 70.

Categoría: Novas
Etiquetas: