SAGA TV REMATOU «RESERVAS DE VIDA», UN TRABALLO DOCUMENTAL SOBRE A PRIMEIRA RESERVA DE INTERESE PEQUEIRO EN GALICIA

29 / 01 / 2008

O documental de divulgación institucional foi un encargo da Direción Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, da Consellería de Pesca, e afonda nesta iniciativa pioneira que xermolou en Lira, que asume as teses do desenvolvemento sostible e optimiza os recursos naturais da zona. A gravación tivo lugar no último trimestre de 2007 e nela participaron dous equipos de mergullo especializados en gravación submariña en HD, obtendo unha metraxe que achega ás reservas mariñas ó espectador, tamén baixo o mar.

A pesares de ter realizado a gravación submariña en meses de inverno, coas complicacións que esto supón, as espectaculares imaxes e o interese da iniciativa foron determinantes para que SAGA TV decidise poñer en marcha un proxecto documental propio para televisión sobre o novo enfoque dos mariñeiros de Lira na explotación dos recursos mariños.

Gabinete de Comunicación SAGA TV
981 800 111

Categoría: Noticias
Etiquetas: